En Marea aposta por Sánchez para presidir o Goberno español

Di que os seis deputados galegos están dispostos a "tenderlle a man" ao PSOE se respecta a plurinacionalidade do Estado, a "redistribución da riqueza" e a "igualdade".

Por Galicia Confidencial | Madrid | 20/01/2016 | Actualizada ás 22:37

Comparte esta noticia

En Marea xa anunciou as súas preferencias de cara a configuración dun novo goberno. Fíxoo a súa portavoz, Alexandra Fernández, diante de Felipe VI na recepción oficial que tivo con el no Palacio da Zarzuela, e na que tamén lle explicou as formulacións políticas da súa formación, que inclúen a apertura dun debate sobre o cambio do modelo de Estado.

O rei Felipe VI recibe a portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com
O rei Felipe VI recibe a portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com

Fernández destacou que está disposta a apoiar un Goberno alternativo ao de Mariano Rajoy, encabezado por Pedro Sánchez, tendo en conta do "cambio" político demandado pola cidadanía nas últimas eleccións xerais.

Segundo explicou en rolda de prensa no Congreso, o seis deputados da súa formación están dispostos a "tender a man" ao PSOE para que goberne porque as "bases" deste partido, dixo, cren na "redistribución da riqueza" e a "igualdade" e están a reclamarlle "un proxecto de esquerdas".

Alexandra Fernández dixo, ademais, que a súa candidatura cre que as eleccións puxeron de relevo a existencia dunha "realidade plurinacional" en España que só se poderá comprender con máis e mellor democracia". Por iso, tamén deixou claro que, dadas as conviccións republicanas, nacionalistas e de esquerdas da súa formación avogou por emprender un "proceso constituínte" para buscar "outro" modelo de Estado, cun "exercicio real da soberanía popular" e mediante a "remodelación das institucións".

A deputada galega dixo que a conversa co monarca español foi "moi cordial" e "moi respectuoso" e "neutral" para evitar interferir no debate político. Tamén destacou que don Felipe foi "moi receptivo" á hora de escoitar as súas formulacións, e recoñeceu en particular o feito de que o xefe do Estado recibise a En Marea, mentres no Congreso esta formación non conseguiu a súa pretensión de organizarse con grupo parlamentario propio.

O rei Felipe VI conversa coa portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com
O rei Felipe VI conversa coa portavoz de En Marea, Alexandra Fernández / A.D./lainformacion.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 EU non me mareo

¡Vaia! Así que era esto o da confluencia coa esquerda ru-turista. !Pois carallo que percorrido o dos que racharon con BNG en Amio¡ Para esta víaxe e non facia falla tantas alforxas. ND8n