O BNG leva á Comisión Europea a paralización de parques eólicos por parte do TSXG

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2024 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, presentou unha pregunta ante a Comisión Europea (CE) sobre a situación que se dá en Galicia con respecto dos proxectos eólicos promovidos polo Goberno galego, na que informa á CE que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) xa paralizou 60 parques eólicos.

"Un dos argumentos máis empregados para acordar esta paralización é que a execución destes proxectos podería provocar danos irreversibles a valores ambientais sensibles e unha grave afectación á Rede Natura", explicou Ana Miranda, quen tamén apuntou que nas súas resolucións o alto tribunal galego sinala que "está acreditado que as instalacións poderían afectar a especies vulnerables ou en perigo de extinción".

Neste sentido, a eurodeputada galega pregunta á Comisión "se é consciente da colisión entre os obxectivos do Pacto Verde e a transición enerxética e a súa execución concreta en Galicia, mesmo coa vulneración de diversas directivas europeas".

"Preguntámoslle á Comisión Europea se estes proxectos son receptores de fondos europeos, porque non imos permitir desde o BNG que se usen os fondos europeos para expoliar o noso territorio", resolveu.

Arquivo - Ana Miranda este luns en Bruxelas.. BNG - Arquivo
Arquivo - Ana Miranda este luns en Bruxelas.. BNG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta