Temas: RIOBóO PODEMOS

Debates locais en Podemos sobre o futuro da organización en Galicia

Podemos-A Coruña mantén esta fin de semana un encontro para debater como concorrer nas autonómicas. Aposta, nun documento, pola dimisión do actual secretario xeral tras facerse cargo unha xestora da organización en Galicia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/02/2016 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A crise que vive Podemos Galicia tamén se ten trasladado as agrupacións locais. Algunhas delas, como é o caso da da Coruña, teñen iniciado xa debates internos sobre os modelos para concorrer a unha autonómicas ao marxe da crise interna que vive a formación en Galicia co nomeamento dunha xestora e a postura do seu secretario xeral, Breogán Riobóo, de non dimitir.

Breogán Riobóo, líder de Podemos en Galicia
Breogán Riobóo, líder de Podemos en Galicia | Fonte: libertaddigital.com

Con todo,  Podemos-A Coruña entende que, logo da dimisión do Consello Cidadán, tamén o propio Riobóo debería dimitir. Así llelo trasladou na reunión que tivo con el o pasado mércores, onde presentou un documento no que expuñan ao secretario xeral de Podemos Galicia que "debe frear toda resistencia á creación da comisión técnica e á celebración dunhas eleccións para o total do consello cidadán autonómico".

"Todo pasa por deixar a secretaría xeral sen seguir aumentando as friccións que a día de hoxe causan máis prexuízos que beneficios", recolle o documento entregado. Un documento que apoia a secretaria municipal de Podemos-A Coruña, Isabel Faraldo, aínda que amosa o seu "respecto absoluto" a que Breogán Riobóo mantéñase no cargo de secretario xeral, aínda que as competencias que residían nos máximos órganos de dirección son agora do equipo técnico.

En todo caso, e en sintonía co documento presentado na reunión deste mércores en Santiago, Faraldo considerou que o máis apropiado serían unhas "primarias o máis consensuadas e participadas posibles" e que nelas se elixisen todos os órganos de dirección do consello cidadán autonómico. En todo caso, insistiu en que é el quen ten que "tomar a decisión".

Se embargo, e tentando ser alleos a esta crise interna de Podemos en Galicia, o consello cidadán da Coruña impulsa esta fin de semana entre os seus círculos o debate sobre como concorrer ás eleccións autonómicas deste ano en Galicia. Un debate que pretende ser extensivo ao conxunto dos militantes en Galicia para que se celebre un encontro autonómico que se impulsa desde A Coruña e na que se recollen "diferentes fórmulas". Entre estas fórmulas están as de ampliar o espazo creado nas pasadas xerais, En Marea.

Carmen Santos, xunto con Breogán Riobóo e Pablo Iglesias
Carmen Santos, xunto con Breogán Riobóo e Pablo Iglesias

Temas: RIOBóO PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 o terror chama a nosa porta

O vello -vieiras esta cobrando e cortando cabeleiras en podreiros galiza, quer ser presidente de podreiros para coller pasta e cartos dos militantes para presentarse as eleccions da galiza o case nonagenario vello (despois de decir mais de cinco mil milleiros de veces que non se presentaría as eleccions) que xa tiña todo rematado, agora vemos que a dictadura de -vieiras e un-ha realidade ben certa O LATEGO VOLTOU A REBORAINAS (O FEUDO)!!!!!

5 sesese

Chamade a maduro a organizar

4 --A calar--

Primeiro debedes purgar aos corruptos que tedes na casa, e despois se cadra empredédela con PODEMOS http://podemosfene.blogspot.com.es/...

3 Nucleo irradiador

Se lles gusta debatir que debatan logo decide a coleta jajaja

2 Purga col-eta

JAJAJJAJAJJA os "enchirona" monicleques. As unecas bases que pintan algo en Potemos son as da OTAN. Todo un paripe de trepas e mercenarios para decidir o que antes decidan en Madrid.