En Marea quere negociar co PSOE a conformación dun novo goberno

Alexandra Fernández asegura que lle presentará aos socialistas o seu "documento propio" no que se terán e conta os sectores productivos e os principais problemas de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/02/2016 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

En Marea pretende negociar directamente co PSOE como grupo propio para a conformación dun novo goberno. Así o anunciou a súa voceira no Congreso, Alexandra Fernández, logo da polémica suscitada porque no documento entregado por Podemos ao PSOE para esas negociacións non exístía, practicamente, ningunha reclamación para Galicia.

Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.
Os voceiros Alexandra Fernández (En marea), Errejón (Podemos) e por En Comú Podem Xavier Domènech.

Asi, suliñou que quere que En Marea abra negociacións directas co Partido Socialista para exporlle as súas reivindicacións "co seu documento propio", dixo en declaracións aos medios antes de participar nun acto xunto co portavoz de Anova, Xosé Manuel Beiras, e o catedrático de Sociología portugués Boaventura de Sousa Santos.

"En Marea ten autonomía política para decidir cal vai ser a súa posición", dixo en alusión a súa posición dentro de Podemos. "Temos estratexia compartida dentro do grupo confederal, pero desde logo tamén temos autonomía política, por iso En Marea porá encima da mesa as súas condicións para un posible goberno", dixo.

"Temos toda unha serie de medidas que cremos necesarias para que o cambio político se concrete en Galicia", egadiu. Neste documento teranse en conta os sectores productivos e os principais problemas do país. "Para que o cambio sexa real en Galicia temos que falar dos nosos sectores produtivos. Poremos encima da mesa unha repartición xusta das cotas do cerco, que se poñan prezos xustos para o lácteo, poremos encima da mesa que non pode ser esa prórroga a Ence, que é un tapón para o desenvolvemento económico da ría de Pontevedra", salientou.

"Viñemos aquí non para dar espectáculo senón para ser altofalante das maiorías sociais que están a sufrir e pensar outro modelo para este país", afirmou. Ao mesmo tempo, criticou un posible pacto entre o PSOE e Ciudadanos. "As medidas económicas que propón Cidadáns son máis empobrecimiento das clases populares con recortes en dereitos laborais, que supoñen o que vén sendo unha continuidade das políticas do Partido Popular e das políticas da austeridade e das privatizacións", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

10 Xandokas

...o único que podedes negociar é quen vai a ter a "honra" de arrimarlle a cadeira e abrirlle a porta ao Coletas!

9 1+1+1+1+1+1+1

Chegan tarde, a golpe de "titular" e de desacougo nas redes sociais. Non hai iniciativa, senón déixanse levar a arrastre das queixas da xente respecto a inación. Espero que poidan corrixir ese seguidismo dos complutenses e manter axenda propia...cousa doutra banda difícil, pois non sendo grupo propio pasan de ser un colectivo con visión estratexia unificada a ser unha suma de deputados

8 Ai estades vos

Con firmeza e pola cidadanía e o ben común e a rebelión do cambio! http://blogdelviejotopo.blogspot.co...

7 Fendetestas

Tarde piaches! O exemplo de Compromis retrata o voso entreguismo pailán. Quen con españois se deita...

6 Antolin o dos cubatas

Parece que a Yolanda e Buitrón lles pegaron un tirón de orellas