Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2025 | Actualizada ás 11:38
Ecoloxistas en Acción e o Coordinadora Stop Gandería Industrial enviaron aos concellos galegos que poderían verse afectados por proxectos de plantas de biogás unha carta aberta na que alertan dos "impactos ambientais e sociais que causan estas instalacións cando non se proxectan supeditadas ao interese local".
Na carta, segundo detallaron nunha nota de prensa, sinalan que é necesario apostar por un desenvolvemento económico que sexa compatible co benestar dos cidadáns e o coidado do medioambiente e que un dos factores que actualmente "crea máis problemas na calidade de vida rural son as macrogranjas de gandaría industrial" e ,"máis recentemente, as plantas de biogás con xurro".
Para Ecoloxistas en Acción, a tecnoloxía do biogás pode ter sentido para conseguir unha "economía circular verdadeira" como casos de plantas que aproveitan lodos de depuradoras ou a fracción orgánica de lixo para producir biogás para autoconsumo local. Pola contra, destacou que moitas das plantas xa en funcionamento en España "están a recibir unha forte oposición por parte de veciños das localidades próximas", xa que "o problema non consiste na tecnoloxía de biogás-biometano, senón no modelo de planta que se impón na actualidade e a forma na que é xestionada".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.