Os marxistas, na procura da refundación do comunismo en Galicia

Nun encontro celebrado en Pontevedra coa presenza de históricos dirixentes do PC, marxistas de toda Galicia apostan pola unidade da esquerda nun proceso propio galego pero sen un modelo “resultadista” ou baseado na "mercadotecnia".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/03/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Militantes de distintas forzas políticas reuníronse esta fin de semana no Primeiro Encontro de Marxistas galegos co obxectivo de analizar a actual situación política e afondar en medidas comunistas como a loita de clases e a fin do capitalismo.

Participantes no Primeiro Encontro de Marxistas galegos
Participantes no Primeiro Encontro de Marxistas galegos

Neste encontro fíxose fincapé na vixencia da loita de clases como motor da historia e tamén na necesidade do anticapitalista como motor dos partidos de esquerda. “Por iso é preciso recuperar o prestixio dos comunistas entre a clase obreira”, apuntan a GC.

Os participantes neste encontro tamén destacaron a necesidade da unidade da esquerda, e de participar en todos os espazos de confluencia. Pero, insistiron na necesidade de que, “para ser ferramenta de cambio real en mans das traballadoras e traballadores”, esta confluencia debe basearse no debate, nos posicionamentos de carácter ideolóxico e nos programas políticos, e “non só no resultadismo e na mercadotecnia”.

Para iso, din, é necesario que a Galicia teña un proceso propio, porque “é unha nación cunha historia, unha cultura, e unha lingua propias”, pero sen perder de vista o “carácter internaciolista e de unidade de clase” da súa loita.

“Os comunistas debemos estar presentes activamente en todos os frontes de masas e non perdernos na burocracia institucional, para iso precisamos de masa crítica, de bases preparadas, de militancia activa, demostrando a nosa capacidade para cambiar a realidade, para construír alternativas o sistema”, indican. No encontro, tamén reclamaron unha maior participación da muller na vida pública e laboral e da xuventude, por ser os sectores máis “reprimidos”.

Líderes históricos do PC

O “Encontro de Marxistas”, que se celebrou en Pontevedra,  é un proceso propio galego pero aberto a coñecer e compartir experiencias con proxectos similares que están a xurdir tanto no Estado español como a nivel internacional. De feito, tamén acudiron dous representantes da “Plataforma de Comunistas” que se está a impulsar en Madrid, entre eles, o ex secretario xeral do PCE desta cidade Daniel Morcillo e un integrante do comité central do PCML.

A xuntan acudiron comunistas de toda Galicia que militan en diferentes partidos e organizacións da esquerda marxista, así como persoas a nivel individual. Así, contou coa presenza de destacados membros históricos do Partido Comunista de Galiza (PCdG) que analizaron de forma crítica a deriva deste partido. Entre os presentes estaba Román Alonso, histórico dirixente comunista, que foi Responsable Comarcal de Vigo, tamén o acompañaba o dirixente social e histórico comunista Manuel Garrido, de Vigo.

A delegación de Arousa estaba encabezada por Ramón Bueno outro histórico militante desta comarca, que recentemente solicitou ao seu partido a expulsión de Yolanda Díaz, por incumprimento dos estatutos partidarios. De Ferrolterra a delegación foi encabezada polo concelleiro de Narón André Abeledo, figura visible do sector crítico do PCdeG e de Esquerda Unida de Galicia. Tamén estaba na delegación Fernando Ramos, ex dirixente de IU de Ferrol e impulsor da candidatura Marea Artabra.

Tamén estivo Lois Pérez Leira, de Nova Esquerda Socialista e a militante comunista de Pontevedra Cynthia Piña.O encontro foi moderado por Álvaro Torres Noya, integrante do Partido Comunista Marxista Leninista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

9 Hermerico

Nada se parece tanto com um nacionalista espanhol de direita que um nacionalista espanhol de esquerda.

8 Gamela

Que falen con Paco Rodríguez que seica precisa de "caras novas" para a súa última refundación... Marxista e en Galiza = UPG ?

7 marxista galego

O marxismo en Galiza analizou historicamente que dada a situación de dependencia colonial só cabía un camiño, a consecución do estado propio soberano que rachase coa oligarquía española no avanzo da democracia socialista e o comunismo. Ese marxismo xa ten un partido que conxuga programa político independentista e revolucionario e táctica de masas, o Movemento Galego ao Socialismo.

1 Cano Iglesias

Isto e mais falso que unha moeda de 3 euros. Galiza é unha das "colonias " con mais autonomía da Europa, cun parlamento propio, institucions públicas propias... Menuda falacia a dos nacionalistas.

2 nonstruns

Uns descerebrados radicais stalinistas non son exemplo de nada.

6 Carmelo

Xa son máis que a FPG, Causa Galiza e Nós-UP.

1 Antolín o dos cubatas

E xa son máis que o Movemento pola Base de Cotización e o Movemento Galego por un SALARIO na CIG

2 Carmelo

Pois non vou ser eu quen defenda a eses outros marxinais, pero polo menos nas súas imaxes públicas demostran ser máis de 40, que xa é un éxito tendo en conta o que hai neste país, así que non te piques.

3 Comunista

FPG, Causa Galiza, Nós-UP. Obsesións dos trolls a soldo do BnG. Nunca se esforzou a bloqueirada por disimular o seu odio cara a esquerda independentista. Afortunadmante agora xa se conforman con trollear e xa non envían a Rodríguez e a Mera ás comisarías a delatar a militantes da APU ou do PCLN que resultaban incómodos na INTG.

5 André

Fernando Armesto, durante anos LIBERADO DE CCOO

1 Breogam

Isto é algo que non me queda claro. Este persoeiro xa non fai entrismo en EU ou como vai? Teño entendido que presionaba a alguns afiliados para que asumisen as posicions do grupusculo do PCE ml, na Galiza ate fai dous días inexistente.