Os marxistas, na procura da refundación do comunismo en Galicia

Nun encontro celebrado en Pontevedra coa presenza de históricos dirixentes do PC, marxistas de toda Galicia apostan pola unidade da esquerda nun proceso propio galego pero sen un modelo “resultadista” ou baseado na "mercadotecnia".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/03/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Militantes de distintas forzas políticas reuníronse esta fin de semana no Primeiro Encontro de Marxistas galegos co obxectivo de analizar a actual situación política e afondar en medidas comunistas como a loita de clases e a fin do capitalismo.

Participantes no Primeiro Encontro de Marxistas galegos
Participantes no Primeiro Encontro de Marxistas galegos

Neste encontro fíxose fincapé na vixencia da loita de clases como motor da historia e tamén na necesidade do anticapitalista como motor dos partidos de esquerda. “Por iso é preciso recuperar o prestixio dos comunistas entre a clase obreira”, apuntan a GC.

Os participantes neste encontro tamén destacaron a necesidade da unidade da esquerda, e de participar en todos os espazos de confluencia. Pero, insistiron na necesidade de que, “para ser ferramenta de cambio real en mans das traballadoras e traballadores”, esta confluencia debe basearse no debate, nos posicionamentos de carácter ideolóxico e nos programas políticos, e “non só no resultadismo e na mercadotecnia”.

Para iso, din, é necesario que a Galicia teña un proceso propio, porque “é unha nación cunha historia, unha cultura, e unha lingua propias”, pero sen perder de vista o “carácter internaciolista e de unidade de clase” da súa loita.

“Os comunistas debemos estar presentes activamente en todos os frontes de masas e non perdernos na burocracia institucional, para iso precisamos de masa crítica, de bases preparadas, de militancia activa, demostrando a nosa capacidade para cambiar a realidade, para construír alternativas o sistema”, indican. No encontro, tamén reclamaron unha maior participación da muller na vida pública e laboral e da xuventude, por ser os sectores máis “reprimidos”.

Líderes históricos do PC

O “Encontro de Marxistas”, que se celebrou en Pontevedra,  é un proceso propio galego pero aberto a coñecer e compartir experiencias con proxectos similares que están a xurdir tanto no Estado español como a nivel internacional. De feito, tamén acudiron dous representantes da “Plataforma de Comunistas” que se está a impulsar en Madrid, entre eles, o ex secretario xeral do PCE desta cidade Daniel Morcillo e un integrante do comité central do PCML.

A xuntan acudiron comunistas de toda Galicia que militan en diferentes partidos e organizacións da esquerda marxista, así como persoas a nivel individual. Así, contou coa presenza de destacados membros históricos do Partido Comunista de Galiza (PCdG) que analizaron de forma crítica a deriva deste partido. Entre os presentes estaba Román Alonso, histórico dirixente comunista, que foi Responsable Comarcal de Vigo, tamén o acompañaba o dirixente social e histórico comunista Manuel Garrido, de Vigo.

A delegación de Arousa estaba encabezada por Ramón Bueno outro histórico militante desta comarca, que recentemente solicitou ao seu partido a expulsión de Yolanda Díaz, por incumprimento dos estatutos partidarios. De Ferrolterra a delegación foi encabezada polo concelleiro de Narón André Abeledo, figura visible do sector crítico do PCdeG e de Esquerda Unida de Galicia. Tamén estaba na delegación Fernando Ramos, ex dirixente de IU de Ferrol e impulsor da candidatura Marea Artabra.

Tamén estivo Lois Pérez Leira, de Nova Esquerda Socialista e a militante comunista de Pontevedra Cynthia Piña.O encontro foi moderado por Álvaro Torres Noya, integrante do Partido Comunista Marxista Leninista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

4 Lixo

Esquerdallada expañolenta de comunarras, Galiza ten que ser unha nación independendente e normal. Nin Cuba, nin Venezuela nin Expaña. Viva Galiza ceibe e europea.

3 Antinostrus

A Boas Horas mangas.....teñen todos unha Pintinha de Prexubilados Chupópteros e Ociosos que da medo vé-los....incluso percebo na fileira de atrás ao Cipaiomercenario Ezpagñol Nostrus........a ver, que de un paso ao fronte quen tiver dado pao á auga, algunha vez, na súa pu ta vida!!!!....ah!, e da Bandeira do pais (Galiza) nin se lembran......se Stajanov levantase a Cabeza!!!!.....

1 nostrus

A min non me veras nestos saraos fascistas modernos porque erguer o puño daríame tanta vergonza como estirar o brazo. Pola miña parte o comunismo, o falangismo e o nacionalismo pódense encerrar eternamente nun sarcófago hermético e a proba de cheiros.

2 Antinostrus

Claro meu caro Indixente Intelectual Nostrus...o teu e o Dediño no Kú- ven envaselinado -sempre preparado para o Endiñamento de Rigor (e botándo-lle un Arriba Ezpagna!!! en Compañía de Bono -por parte do Representante Senegalés do Ministerio do interior......

2 o vieirismo... o vieirismo...

GRAZAS -VIEIRAS POLO TEU MARXISMO PUTREFACTO E EXPAÑOL!: Carmena ve viable una «alianza» entre Podemos, C's y PSOE para la investidura - La alcaldesa de Madrid pide diferenciar la constitución de Gobierno, donde puede haber una «dificultad objetiva» entre Podemos y Ciudadanos, y las «alianzas de investidura»

1 Mencheviques

Revisionistas eurocomunistas españois, que de venderon o carácter revolucionario que deben ter todos os partidos comunistas, polo pragmatismo panzista. De capitalismo a carta de rostro humano, non pasan.

1 Sensatez

Mamarracho, lee ben o comunicado. Houbo militantes leninistas do PCE ml, partido que se opuxo o eurocomunismo fai 50 anos e que se reclama revolucionario. Esta ben verter odio contra todo aquel que se moviliza e procura a unidade de clase. Pero por favor, con coñecemento do que un escupe.