Galicia ten 13.404 prazas de déficit en residencias de maiores

Un estudo da asociación dos Xerentes en Servizos Sociais di que é a cuarta autonomía con maioir déficit.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 21/01/2025 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O número de prazas en residencias para persoas maiores en España descendeu ata as 395.065 en 2024, 3.510 menos que o ano anterior, sendo a primeira vez que se rexistra un descenso interanual no últimos dez anos (desde 2014), segundo un informe publicado este martes pola Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais.

Segundo este informe, Galicia sitúase como a cuarta comunidade, tras Andalucía, Comunidade Valenciana e Cataluña, cun maior déficit en prazas de residencias de maiores, cunha cifra que ascende a 13.404.

No plano xeral, o estudo advirte de que o "déficit" de prazas residenciais para persoas maiores en España "segue aumentando tras a pandemia". En concreto, revela que nos tres anos posteriores á pandemia (2021, 2022 e 2023) aumentaron en 6.031 as prazas residenciais, mentres que a poboación maior de 65 anos incrementouse en máis de 600.000 persoas neses mesmos anos.

Coidadora atendendo a unha anciá / Arquivo / Europa Press
Coidadora atendendo a unha anciá / Arquivo / Europa Press

LISTAS DE AGARDA

Segundo o informe, serían necesarias 89.324 prazas residenciais para alcanzar cinco prazas por cada 100 persoas maiores de 65 anos; e polo menos 35.000 prazas para atender a demanda actual de persoas en Dependencia Severa ou Grandes Dependentes. En concreto, o estudo sinala, citando datos do IMSERSO, que hai en lista de espera 34.622 persoas con Grao II e 17.420 con Grao III, ademais de 65.602 pendentes de valorar, que previsiblemente obterán un deses graos, e 15.732 destes graos con prestación non efectiva, o que eleva o número ata as 133.376 persoas.

Delas, segundo os autores do informe, un 35% de grao III e un 22% de grao II demandaría un servizo residencial en praza pública, concertada ou en prestación económica vinculada a ese servizo. De aí a estimación de que serían necesarias unhas 35.000 prazas residenciais só para atender a demanda da lista de espera da dependencia.

Ademais, o estudo sinala que os datos recentemente publicados polo IMSERSO indican "un retroceso" do sector residencial en 2023, tanto no número absoluto de prazas como no índice de cobertura, que é o máis baixo de toda a serie (desde 2010). Así, a ocupación total alcanza o 84,1% das prazas (332.431 persoas usuarias).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta