Baixa o prezo das exportacións galegas e sobe o das importacións en novembro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2025 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

O prezo das exportacións galegas baixou un 3% en novembro, en comparación co mesmo mes de 2023, mentres que o das importacións subiu un 2,6%, segundo o Índice de Valor Unitario para o Comercio Exterior publicado este mércores polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollido por Europa Press.

En concreto, as vendas ao exterior de bens de consumo diminuíron o seu prezo un 2%; mentres que as de bens intermedios, un 5,8%, e as de bens de capital, un 0,9%. No apartado de importacións, as compras de bens de consumo encarecéronse un 6,9% e as de bens intermedios, un 1,4%. Os bens de capital caeron un 7,1%.

En cando ao destino das exportacións galegas, as enviadas á Zona Euro baixaron un 6,5%, igual que as da Unión Europea, que caeron un 5,7%, e as do OCDE, un 4,5%. Só creceron as do resto do mundo, un 9,5%. As importacións da Eurozona subiron un 11,2%, mentres que as da UE, un 20,8%. As do OCDE aumentaron un 11,2% e as do resto do mundo diminuíron un 7,6% en novembro.

Exportacións agroalimentarias
Exportacións agroalimentarias | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta