Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/03/2016 | Actualizada ás 16:31
No seu proceso de primarias, Podemos Galicia contrasta -entre outros puntos- como presentarse aos comicios autonómicos. Do que escolla Podemos Galicia depende en boa medida a configuración do mapa electoral da esquerda para uns comicios autonómicos que están á volta da esquina. Polo de agora, as propostas que ten para a súa valoración os inscritos do partido de Pablo Iglesias pasan todas pola confluencia. Agora ben, non necesariamente a través de En Marea (a coalición de partidos que se presentou as autonómicas participada por Podemos, Anova e EU).
O secretario xeral actual inclínase máis por non confluír con En Marea, senón a través dun foro artellado este ano, Mareas en Común.
Así se ven chamando as reunións das candidaturas municipalistas, tres non que vai de ano, O 21 de febreiro, na cidade de Lugo, foi terceiro encontro de iniciativas municipalistas galegas, tras as xuntanzas na Estrada (16 de xaneiro) e na Pobra do Caramiñal (31 de xaneiro). Nesta iniciativa participaron máis de 30 mareas das catro provincias.
Fronte ás “cuestións que non estiveron todo o ben garantidas que tiñan que estar” de En Marea; Riobóo opina que “o proceso de Mareas en Común está aprendendo de erros cometidos anteriormente, e que polo tanto vai máis na liña en facer algo amplo, participativo, diverso -e que ademais é transparente”. O candidato cre que “ten bastantes paralelismos co que dende Podemos e os 15M se propón”.
Pola súa banda, outra candidata Ángela Rodríguez -deputada por En Marea- lembrou este mes que a esa formulación da confluencia foi unha ferramenta para as eleccións xerais pero que non é válida para as autonómicas. Rodríguez tampouco apoio a proposta de convetir xa a En Marea nun partido instrumental, como defende o líder de ANOVA, Xosé Manuel Beiras.
Carmen Santos, quen fóra no seu día a persoa máis votadas nas primeiras eleccións en Podemos Galicia, si aposta por reeditar En Marea pero “cun proceso transparente, participativo e que garanta a igualdade dos que queiran formar parte dela”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.