Detido un asesor de AGE no Parlamento por un presunto delito de pornografía infantil

O presidente da Cámara autorizou o rexistro da sede desta formación, no que se incautou material informático. Fontes policiais din que se trata dunha investigación que afecta "á esfera privada" do acusado. AGE suspende cautelarmente a súa relación laboral con este traballador.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/04/2016 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Membros da Policía Nacional rexistraron esta mañá a sede no Parlamento galego do grupo Alternativa Galega de Esquerda (AGE) nunha operación no marco dunha investigación sobre pornografía infantil que afecta a un asesor de AGE vinculado a Esquerda Unida.

Axentes da Policía Nacional dedicados á loita contra a pornografía infantil en Internet.
Axentes da Policía Nacional dedicados á loita contra a pornografía infantil en Internet.

Segundo adiantou La Voz, o presidente da Cámara, Miguel Santalices, autorizou o acceso dos axentes da Policía a estas instalacións "no marco dunha investigación que afecta á esfera privada" dun traballador.

O xornal coruñés apunta que a persoa investigada sería R.S. e non é nin deputado nin funcionario da Cámara autonómica, senón un asesor do grupo parlamentario de AGE.

Fontes da investigación consultada por La Voz apuntan a que o investigado foi detido este luns e que se procedeu ó rexistro hoxe, no seu lugar de traballo, tras detectarse, presuntamente, descargas de material de pornografía infantil desde a IP do Parlamento de Galicia. Segundo outras fontes, a Policía incautou un ordenador e diverso material. Fontes consultads por Europa Press salientan en que se trata dunha "cuestión allea" á institución.

A nova, que xa se está viralizando nas redes sociais, caeu como un xarro de auga fría en AGE, que decidiu non ofrecer ningunha declaración nun primeiro momento mentres non dispoñan de máis información sobre este caso. En todo caso, o grupo parlamentario xa decidiu "a suspensión cautelar da relación laboral" co detido, tras a reunión que o líder desta formación, Xosé Manuel Beiras, mantivo inmediantamente unha reunión co presidente do Parlamento, tras a cal comunicou que convocaría á prensa para dar explicacións sobre o caso.

Beiras deu a cara posteriormente ante os medios. Segundo confirmou o voceiro do grupo, investígase un “delito tecnolóxico relacionado coa pornografía e os menores”. Beiras dixo aos medios que foi o propio detido quen pediu á policía que rexistrara o seu despacho. Unha petición que foi autorizada por Miguel Santalices, o presidente da Cámara. O voceiro tamén indicou que o presunto delito   corresponde ao ámbito privado do detido. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

15 Nandiño

Paréceme lamentable que Galicia Confidencial dea o mesmo tratamento a este tema que o vomitivo xornal chamado La Voz de Galicia

1 Edmundo Dantés

O lamentable é que haxa persoas que vexan e compartan pornografía infantil. DIMISIÓNS!

14 ppepero

culpa do PP

13 galleguista

U-lo "comunista-independentista"? Non ten nada que dicir a F ante a actuación do seu partido matriz?

12 Ferrolano

Lamentable que Beiras arremeta contra la Policía por hacer un registro en el Parlamento para investigar un caso de pornografía infantil. Debería ser el primero en colaborar. Se trata de un empleado de su grupo político. ¿Está en su sano juicio?

11 balbino

Non debemos debemos xeralizar este comportamento con todo AGE nen se debe leña do árbol caido pero que vaian tomando as medidas oportunas de maneira contundente.