Detido un asesor de AGE no Parlamento por un presunto delito de pornografía infantil

O presidente da Cámara autorizou o rexistro da sede desta formación, no que se incautou material informático. Fontes policiais din que se trata dunha investigación que afecta "á esfera privada" do acusado. AGE suspende cautelarmente a súa relación laboral con este traballador.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/04/2016 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Membros da Policía Nacional rexistraron esta mañá a sede no Parlamento galego do grupo Alternativa Galega de Esquerda (AGE) nunha operación no marco dunha investigación sobre pornografía infantil que afecta a un asesor de AGE vinculado a Esquerda Unida.

Axentes da Policía Nacional dedicados á loita contra a pornografía infantil en Internet.
Axentes da Policía Nacional dedicados á loita contra a pornografía infantil en Internet.

Segundo adiantou La Voz, o presidente da Cámara, Miguel Santalices, autorizou o acceso dos axentes da Policía a estas instalacións "no marco dunha investigación que afecta á esfera privada" dun traballador.

O xornal coruñés apunta que a persoa investigada sería R.S. e non é nin deputado nin funcionario da Cámara autonómica, senón un asesor do grupo parlamentario de AGE.

Fontes da investigación consultada por La Voz apuntan a que o investigado foi detido este luns e que se procedeu ó rexistro hoxe, no seu lugar de traballo, tras detectarse, presuntamente, descargas de material de pornografía infantil desde a IP do Parlamento de Galicia. Segundo outras fontes, a Policía incautou un ordenador e diverso material. Fontes consultads por Europa Press salientan en que se trata dunha "cuestión allea" á institución.

A nova, que xa se está viralizando nas redes sociais, caeu como un xarro de auga fría en AGE, que decidiu non ofrecer ningunha declaración nun primeiro momento mentres non dispoñan de máis información sobre este caso. En todo caso, o grupo parlamentario xa decidiu "a suspensión cautelar da relación laboral" co detido, tras a reunión que o líder desta formación, Xosé Manuel Beiras, mantivo inmediantamente unha reunión co presidente do Parlamento, tras a cal comunicou que convocaría á prensa para dar explicacións sobre o caso.

Beiras deu a cara posteriormente ante os medios. Segundo confirmou o voceiro do grupo, investígase un “delito tecnolóxico relacionado coa pornografía e os menores”. Beiras dixo aos medios que foi o propio detido quen pediu á policía que rexistrara o seu despacho. Unha petición que foi autorizada por Miguel Santalices, o presidente da Cámara. O voceiro tamén indicou que o presunto delito   corresponde ao ámbito privado do detido. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

5 Amigos para siempre

Aplaudimos a Yolanda Diaz cando lle botava en cara a Feixoó as amizades da farinha. Desta tócalle a Yolanda ser coerente.

4 La causa se archivó

Porque no había manera de demostrar nada. http://www.lavozdegalicia.es/ferrol...

3 Un informado

Non era un asesor. Ocupaba unha das duas prazas de administrativo ás que cada grupo parlamentario ten dereito. Foi escollido por Yolanda Diaz, para a que xa traballara no concello de Ferrol.

1 outro dos nosos

Pois igual que lle esiximos explicacions e dimisions a Marrano Rajoy ou a Esperanza Aguirre, a que agarda Yoli para autoinmolarse? Os mantidos son responsabilidade do politico de confianza, e agora toca apandar co escollido!

2 noxo dobre

Tolerancia zero. Dito o anterior, pregunto: de que asesora R. Santalices? son carentes de formacion os deputados? non teñen capacidade e precisan de asesores para desenvolverse (o que non vemos, pois semellan nulidades)? ser candidato en Compostela de IU garantiza mantenta logo como asesor? igual que fai o BNG, o PsoE ou PP? igualiño que Podemos na Coruña? asesores ou mantidos de partido? avanzamos?

1 Magnus

Aclárao non vaia ser que algunha persoa vaia interpretar que para ti é igual de grave ser asesor que ser asesor visualizador de pornografía pedófila.

2 Amigos para siempre

Se cadra Magnus ti non entendes o suficiente. Unha cousa é delito, outra é tomadura de pelo aos cidadáns que pagamos os colocados a dedo. Unha é perseguible penalmente, a outra tolerada polos que miran para outro lado e asubían, sendo responsables dos que abusan dos cargos na política para situar amigos e clientes. Se cadra ti es cliente... Por certo, aplaudimos a Yolanda Díaz cando lle lembrou a Feixoó as amizades, desta semella que o protexido é dos seus. Coerencia!

3 Non te quixeron?

Por hipóteses que non quede, se cadra ti aspirabas a ser asesoriño e non che deron o postiño e aproveitas para mesturar un delito repugnante con iso. Sexa como for demostras a túa miseria moral.

4 Que hai do meu?

A tua grandeza moral..., moral distraida polas tragadeiras de asesor mantido (iso evidencias).

1 Xiloe

Nivelaço de asesor...