Leiceaga chama a defender o sistema autonómico ante forzas "recentralizadoras"

O candidato socialista critica á dereita, que gobernou Galicia "un 80% en democracia" cun "balance global negativo"

Por E.P. | Rianxo | 25/07/2016 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, fixo un chamamento a defender o sistema autonómico conseguido na Transición que, na súa opinión, se enfronta actualmente a "tensións moi serias" con forzas conservadoras que tratan de "baleirar o autogoberno" e, por outro lado, "tentacións insolidarias" noutros territorios que buscan "fragmentar e dividir".

Acto de Leiceaga en Rianxo durante o 25 de xullo
Acto de Leiceaga en Rianxo durante o 25 de xullo | Fonte: PSdeG

O PSdeG celebrou o seu tradicional acto de celebración do 25 de xullo ante o monumento a Castelao de Rianxo (A Coruña), no que participaron, ademais do seu candidato á presidencia de Galicia, a presidenta da xunta xestora, Pilar Cancela, e a secretaria xeral dos socialistas de Rianxo, María del Carmen Figueira.

No seu discurso, que comezou cun recordo ás vítimas da catástrofe de Angrois, Leiceaga exaltou a Transición española que, se ben recoñeceu que necesita "profundas reformas", foi "un gran éxito, aínda que moitos o poñan en dúbida" porque, entre outras cousas, supuxo o "impulso da autonomía" a través da aprobación do Estatuto de Autonomía do 81 onde, recordou, o PSOE "foi extremadamente relevante".

Neste sentido, recordou o papel neste proceso do socialista Ceferino Díaz, falecido en 2012, así como a figura de Castelao, quen foi o "gran protagonista" no proceso e aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936, e de Xaime Quintanilla, alcalde socialista de Ferrol que foi asasinado polas tropas franquistas días despois do alzamento.

"Somos a única corrente política hoxe presente que sempre estivo nos momentos decisivos da historia do lado da xente. (O PSOE) Nunca fallou, e non hai ningunha outra que poida dicir o mesmo", declarou.

CRÍTICAS Á DEREITA

A maior parte do discurso do candidato socialista centrouse en críticas á dereita, que gobernou Galicia "un 80% do tempo en democracia" e o "balance global da cal non é positivo" porque se caracterizou polo seu "clientelismo e inacción"; especialmente nos últimos sete anos de goberno de Núñez Feijóo, ao que acusou de "en moitos aspectos" poñer "a marcha atrás".

Así, acusou o PP de "non saber facer país" nin "facer valer" os "valores singulares" de Galicia, como a súa paisaxe, ante o que realizou un chamamento a "dicir abonda xa" e reclamar "ningunha agresión máis contra o noso territorio". "Non pode ser considerado un éxito que cada ano se destinen ducias de millóns do noso presuposto a protexer os nosos bosques", sinalou.

Así mesmo, tamén reivindicou a "diversidade" cultural galega e sinalou que Galicia é unha nacionalidade histórica "global" porque está presente "nos cinco continentes", antes de volver atacar o presidente galego por "minimizar" a lingua galega "buscando réditos electorais".

MÁIS COMPETENCIAS

Leiceaga cargou de novo contra Núñez Feijóo, ao que acusou de "non conseguir" ningunha nova competencia nos seus sete anos de goberno. Deste modo, o socialista sinalou que se saen vencedores nas próximas eleccións galegas reclamarán a titularidad autonómica da AP-9, así como outras transferencias como a inspección laboral, e a xestión da policía e do tráfico.

"PERMANENTE RECONVERSIÓN"

"Galicia está en permanente reconversión. Primeiro un sector produtivo e despois outro. Hoxe o risco chámase sector lácteo, o cerco, a deslocalización da automoción, Alcoa, a desgaleguización empresarial,", recordou o candidato.

Por último, Leiceaga apuntou a necesidade de atender especialmente a cuestión do "retroceso demográfico" que solo poderá remediarse "se hai futuro, se hai esperanza" porque Galicia está "expulsando aos seus novos máis cualificados" que marchan en busca de oportunidades e que van xerar "prosperidade e riqueza no estranxeiro".

"Dar un futuro é dar un emprego de calidade, é conciliación, son axudas ás familias, é igualdade de xénero", sinalou o candidato socialista, antes de afirmar que "ese es" el proyecto socialista para Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 trapallada

Sr. Leiceaga, apártese de los de"siempre", los enredantes, los de la puñalada trapera, que a poco que puedan se la pegan

2 Nexus 6

El Estado Autonómico es caro, ineficiente y desintegrador.

1 Cambia outra vez de partido

E por iso se meteu el no PSOE non te fastidia. Que pavero este Xaquín