Por E.P. | Compostela | 24/09/2016 | Actualizada ás 10:00
Segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia, participarán neste despregamento 6.197 axentes da Policía Nacional e da Garda Civil, así como 813 integrantes das policías locais de toda Galicia.
En concreto, o dispositivo estará integrado por 2.275 policías --entre os que se suman 176 membros da policía adscrita á comunidade galega-- e 3.917 axentes da Garda Civil.
A de Pontevedra será a que conte cun maior número de axentes velando pola seguridade da xornada electoral, con 1.112 gardas civís e 852 policías nacionais.
Pola súa banda, na provincia de A Coruña, o dispositivo integrarano 971 axentes de Policía Nacional e 1.340 de Garda Civil; mentres que en Lugo serán 268 por parte da Policía e 756 gardas civís.
Finalmente, na provincia de Ourense participarán no dispositivo articulado polo Goberno 184 axentes da Policía Nacional e 709 da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.