Fernán Vello, deputado de En Marea, pide desculpas tras chamar “ignorantes” aos galegos

O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, tivo que rectificar e pedir desculpas tras tachar de "ignorante" o pobo galego polos resultados das eleccións galegas do pasado domingo.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 27/09/2016 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, tivo que rectificar e pedir desculpas tras tachar de "ignorante" o pobo galego polos resultados das eleccións galegas do pasado domingo, nas que o PP de Alberto Núñez Feijóo revalidou a maioría absoluta. A mensaxe foi publicada na súa conta persoal en Twitter, na que cualificou os galegos tamén de "escravos" e de "pobo alienado".

Chío de Fernán Vello.
Chío de Fernán Vello.

Fernán Vello, un dos deputados de En Marea que ao tomar posesión proclamou que é "o pobo quen máis ordena", retirou a súa mensaxe horas despois, cando dende o PP galego xa lle pedían a dimisión.

"Rectificar é preciso", publicou a continuación. "En 'quente' podemos expresar ideas desacertadas. O pobo falou e ten todo o meu respecto. As miñas desculpas se ofendín", xustificou o deputado.

Dende o pasado domingo foron centos os chíos publicados en Twitter con duros insultos a todo o pobo galego, polos resultados das eleccións galegas, con palabras como "Subnormales", "putos", "paletos", "aldeanos", "borregos", "analfabetos", "ignorantes", "fachas", "fascistas", "gilipollas", "narcotraficantes", "corruptos"...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 Sesese

Como di o refrán en castelan "ande yo caliente ríase la gente", e o demais son coñas mariñeiras

6 Ana

Aqui non dimite nin o deputado insultador que defendia as vieirasfurtivas que vota e abraza á galegófoba Marta Rivera, nin a deputada Pam que chamou 'puta coja' a unha compañeira. Resumo: en Marea Podemos sodes iguais que o Partido Podre pechando filas e salvando a impresentables como Rita Barberá ou Soria. E despois ides de esixentes... sendo uns falsarios!

5 Losada sen Chacha

A democracia non funciona porque non votan o que eu quero. Fai falla un golpe e un Castro. Só quedan 4 anos XD.

4 Gamela

Hai 41 anos non había tuits... había descargas de fusilería !!! https://youtu.be/zPW_iz40Bl0

3 xos

Está comentendo o mesmo erro que levou ao Bloque a case desaparición, botarlle a culpa aos demais e non analizar seriamene que erros cometeu En Marea para non mobilizar o seu electorado.