Fernán Vello, deputado de En Marea, pide desculpas tras chamar “ignorantes” aos galegos

O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, tivo que rectificar e pedir desculpas tras tachar de "ignorante" o pobo galego polos resultados das eleccións galegas do pasado domingo.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 27/09/2016 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, tivo que rectificar e pedir desculpas tras tachar de "ignorante" o pobo galego polos resultados das eleccións galegas do pasado domingo, nas que o PP de Alberto Núñez Feijóo revalidou a maioría absoluta. A mensaxe foi publicada na súa conta persoal en Twitter, na que cualificou os galegos tamén de "escravos" e de "pobo alienado".

Chío de Fernán Vello.
Chío de Fernán Vello.

Fernán Vello, un dos deputados de En Marea que ao tomar posesión proclamou que é "o pobo quen máis ordena", retirou a súa mensaxe horas despois, cando dende o PP galego xa lle pedían a dimisión.

"Rectificar é preciso", publicou a continuación. "En 'quente' podemos expresar ideas desacertadas. O pobo falou e ten todo o meu respecto. As miñas desculpas se ofendín", xustificou o deputado.

Dende o pasado domingo foron centos os chíos publicados en Twitter con duros insultos a todo o pobo galego, polos resultados das eleccións galegas, con palabras como "Subnormales", "putos", "paletos", "aldeanos", "borregos", "analfabetos", "ignorantes", "fachas", "fascistas", "gilipollas", "narcotraficantes", "corruptos"...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Nexus 6

¿De dimisión ni hablamos, verdad? ¿Y de cese fulminante tampoco? Va a ser que no. Recuerdan la que le montaron a Rosa Díez. Hipócritas.

1 Ted Flanders

Quita o espello de diante home! e verás millor a realidade (por certo podes facer unha tesis sobre Don quijote, aldonza Lorenzo e a magnificencia do castellano total, según ti, os teus paisanos nin se enteran)