A dereita mobilízase contra En Marea e Fernán Vello

O PP, dende as súas contas oficiais en Twitter, e centos de afiliados e simpatizantes dos populares e de toda a dereita e ultradereita españolas, participan nunha acción masiva contra a segunda forza política de Galicia e o seu deputado no Congreso logo de que este pedise desculpas por un chío ofensivo cara os galegos. Non é a primeira vez que a dereita española se organiza para atacar a Miguel Anxo Fernán Vello.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/09/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A dereita española organizou unha nova campaña sen tregua contra En Marea e o seu deputado Miguel Anxo Fernán Vello. A escusa, desta vez, un desafortunado chío que o deputado galego publicou na súa conta en Twitter, no que cualificaba ao pobo galego de "ignorante" —tras a vitoria do PPdeG nas eleccións do 25S— e polo que pediu posteriormente desculpas. Arrepentimento que non lle bastou ao PP nin aos seus simpatizantes, malia que non é costume neste partido pedir desculpas públicas por outras ofensas dalgúns dos seus cargos aos cidadáns.

Miguel Anxo Fernán Vello
Miguel Anxo Fernán Vello | Fonte: enmarea.gal

O certo é que Miguel Anxo Fernán Vello cometeu un erro de principiante en Twitter: publicar un chío en quente e ofensivo, que feriu moitas sensibilidades, sen medir as consecuencias que ían ter estas palabras: "Estraño pobo o noso: «escravos» que votan ao amo, ao «señorito», ao cacique, ao que manda, aos de sempre. Pobo alienado e ignorante. Triste". Pronto, a polemica creceu como a escuma, aderezada, para máis inri para Vello, pola campaña de carraxe e desprezo por parte de centos de usuarios de Twitter de toda España contra os galegos, cualificados como "subnormales", "putos", "paletos", "aldeanos", "borregos", "analfabetos", "ignorantes", "fachas", "fascistas", "gilipollas", "narcotraficantes" ou "corruptos", polo resultado dos comicios en Galicia. Así as cousas, Vello rectificou e pediu publicamente desculpas: "Rectificar é preciso. En «quente» podemos expresar ideas desacertadas. O pobo falou e ten todo o meu respecto. As miñas desculpas se ofendín", publicou. Pero dende a dereita española non lle ían dar tregua. Vello, como representante de En Marea no Congreso dos Deputados en Madrid, vén sendo obxectivo prioritario para o PP, na súa campaña para tentar desprestixiar a En Marea.

AS OFENSAS DA DEREITA

Resulta cando menos contraditoria esta belixerancia da dereita española, especialmente nos casos do PP e tamén de UPyD, partidos que contan no seu historial con famosas e numerosas ofensas públicas de importantes cargos e representantes seus que, sen embargo, pasaron por alto. Por exemplo, aínda retumban na memoria colectiva dos galegos estas palabras de Rosa Díez cando lideraba UPyD: "Zapatero es gallego, en el sentido más peyorativo del término". Nunca pediu desculpas nin rectificou. Do lado do PP quedaron gravadas para a posteridade as 'peinetas' do ex-presidente de España José María Aznar a un grupo de mozos na Universidade de Oviedo e a do ex-tesoureiro do PP e imputado no caso Gürtel, Luis Bárcenas, a uns cidadáns que lle chamaban "corrupto" no aeroporto de Barajas. Non houbo nunca desculpas dos ofensores nin do seu partido. Estes son só algúns exemplos das moitas ofensas que se poden atopar no historial da política española, en xeral, e da dereita, en particular.

Porén, no caso de Fernán Vello, malia ter pedido desculpas publicamente, a dereita está disposta a esmagalo, a diferenza do que fixo cos seus. O deputado e escritor galego vén sendo un dos obxectivos prioritarios do PP nos últimos tempos para desprestixiar a En Marea. Así, recentemente foi obxecto doutra campaña masiva en redes sociais orquestrada por senadores, deputados e concelleiros do PP, que publicaron fotos de Vello tomadas na sala de embarque do aeroporto de Barajas e no interior dun avión de pasaxeiros, tras a última sesión de investidura errada de Mariano Rajoy, acusando ao deputado de En Marea de voar en primeira clase con cartos públicos, con cargo ao Congreso. Daquela, foron centos os afiliados e simpatizantes do PP que participaron nesta campaña de desprestixio e á que Fernán Vello respondeu mostrando as tarxetas de embarque dos seus voos entre Galicia e Madrid, en clase turista. Apenas tres semanas despois, Vello enfróntase a outra campaña do PP contra el e o seu partido. A Vello pídenlle nin máis nin menos que a dimisión do seu cargo como deputado. E de novo saíu a defenderse:

"O PP monta unha campaña de caza a este deputado fóra de todo sentido cando esta tarde Guindos non veu comparecer ao Congreso. É ridículo", comentaba onte na súa conta en Twitter o deputado e poeta galego, quen engadía: "Un PP inzado de corrupción, cunha Rita Barberá que aínda non demitiu, atrévese a perseguirme por un chío de Twitter desafortunado. Ridículo!".

Pero os seus argumentos para a súa defensa non rematan aí: "Senadores e deputados do PPdeG están a tratar de lincharme por un tuit que rectifiquei, mentras eles non rectificaron a corrupción", argúe Fernán Vello.

A CAMPAÑA DO PP

GC monitorizou entre as 16.00 e as 23.00 horas deste martes todos os chíos e rechíos con mencións directas á conta do deputado galego, @FernanVello, e tamén daquelas mensaxes que incluían o nome do representante de En Marea en Madrid. En total, procesamos 1.717 chíos para "@FernanVello" e 461 para "Fernán Vello". E descubrimos que as contas oficiais do PP estatal e do PP de Galicia contribuíron de forma decisiva á campaña de desprestixio dirixida contra o representante de En Marea. De feito, o PP mesmo publicou unha nota na súa páxina web que compartiu nas redes, con declaracións da portavoz adxunta do Grupo Popular, Marta González, nunha comparecencia canda outros once deputados populares, na que expuxeron: "A pesar de saber que publicou outro tuit cunha especie de desculpa consideramos que esa desculpa non é suficiente e que realmente ofendeu ao pobo galego, que nos elixiu a todos os que estamos aquí e a el tamén". Por iso, os populares consideran que Fernán Vello "ten que dar explicacións e pedir desculpas serias e contundentes, xa que do contrario, non está capacitado para exercer esa representación que lle deron os votos. Polo tanto, debería dimitir e deixar o seu posto a alguén más capacitado".

Menos formal e máis belixerante foi o community manager do PP de Galicia, quen, malia que Vello xa demostrou que non tiña billetes de avión de primeira clase, non se lle ocorreu outra cousa que volver sacar o tema das viaxes do deputado de En Marea, aproveitando a polémica de onte: "Esa reflexión fixéchela durante un dos teus viaxes en business pagados por ese «pobo alienado» que che fixo deputado? Apertas", dirixiu, nun galego pouco afortunado, o PPdeG a Vello en Twitter, coas fotos do aeroporto e do avión.

Tamén UPyD Galicia aproveitou a onda popular para pedir a Vello o que non lle esixiu a Rosa Díez cando lideraba este partido en España e ofendeu a todos os galegos, pero sen pedir nunca desculpas: "Las disculpas se piden dimitiendo. Una persona que insulta al pueblo al que representa, no es digno de tal puesto", dirixiu a conta oficial desta formación política ao deputado de En Marea

Na campaña tamén participaron afiliados e simpatizantes da dereita española, que encheron Twitter de mensaxes contra Vello e que recibiron centos de rechíos. Entre os máis destacados, polo apoio recibido, estiveron Tania de Ois (@taniadeois), quen mantén unha intensa actividade política en Twitter a prol do PP e contra En Marea, Podemos, PSOE e resto de forzas da esquerda; Mercedes Romón (@mromvi), moi belixerante coa esquerda e partidaria de Ciudadanos; Mi otro yo (@Miotroyo2parte), usuario ultradereitista e xenófobo; Ramon Rouco (@rouco64), especialmente obsesionado co PSOE, pero tamén con desprestixiar a outras forzas de esquerda; Liberal Enfurruñada (@MuyLiberal), colaboradora do xornal de dereitas Ok Diario, dirixido polo polemista Eduardo Inda; Pepe Romero (@PEPEROES1972), simpatizante do PP que se autodefine como "conservador católico"; Rosa Gallego (@rgallego6), deputada provincial do PP de Galicia e portavoz dos populares no Concello da Coruña; Luisa Cid (@CidLuisa), tamén concelleira do PP na Coruña; Dolors Montserrat (@DolorsMM), portavoz adxunta do Grupo Popular no Congreso dos Deputados; David Diez Nieto (@David10Nieto), do PP da Coruña, e Gonzalo Trenor (@gonzalotrenor), deputado do PP no Parlamento galego. 

VISUALIZACIÓN DA POLÉMICA

A continuación amosamos a estrutura da rede de conexións establecidas en Twitter por mencións e rechíos arredor de Fernán Vello, unha nube de palabras nas que se destacan as que máis peso tiveron nas mensaxes dirixidas ao Deputado de En Marea e, por último, as mensaxes e usuarios que máis rechíos acadaron entre as 16.00 e as 23.00 horas deste martes, intervalo no que GC monitorizou os chíos relacionados co deputado e escritor galego Fernán Vello (clic nas imaxes para velas máis grandes).



Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 68 comentarios

49 Bugs Bunny

Los gallegos si fueseis negros votaríais al Ku Klux Klan

48 O que hai que ouir

A culpa é do sectarismo do BNG que insulta a xente que nom pensa coma eles a nom que os que insultan son os mareados como Fernán Vello e Xancajallas.

47 Balbino

Mama mía canto intelectual por aquí, cando Carlos Callon dixo a verdade sobre este individuo dunha maneira moita máis educada fíxose o ofendido cando simplemente dixo a realidade con datos que calquera pode contrastar, logo tivo que admitir que viaxaba en business despois de negalo iso si convidado polas multinacionais que tanto crítica, acto seguido faise subsecretario dunha de Galicia Bilingüe e agora insulta o pobo menos mal que rectificou, a xente ten dereito a equivocarse coa palabra ou co voto.

46 XanKaraLlás

Fernán Vello dixo a verdade e fixo mal en pedir desculpas. O que pasa en Galiza nas votacións da noxo. Os bu rros do rural son os responsables de que teñamos sesión continua dos franquistas do PP.

1 Buceta

Non Xanciño, erras na analise ou es complice (igualiño que os que apoian a Rita Barvera, Soria, Camps...). No rural hai moito voto ao PP, certo, pero nas cidades MEDROU o PP de xeito notable (tragao!). Tanto que en Compostela, despois de saber como gobernaron, o medre da dereita foi grande (volve tragar!). Os resultados da presunta esquerda son penosos, ridiculos, tamen nas urbes. O que non sabedes OU NON QUEREDES valorar son as perdas continuadas NO URBANO de votos para En Marea. A clave que non pensades discutir, as dimisions que tapades, a perda de confianza continuada na presunta esquerda. Vos sodes os complices necesarios para que moitos galegos non voten: sodes precisos para que o PP teña maioria, igual que o foi agora o BNG (seguro que non precisas explicacion). O problema, Xanciño, dentro da casa.

2 Galego

O problema e o rural de Galicia, a dereita manda en toda Europa e o resto dos países desenvolvidos pero os insultos para o rural galego. Podemos deulle o goberno de España a Rajoy despois de estar derrotado, o conglomerado da Marea que nom tardará en dividirse en 4 deulle o goberno a Feijoo en bandexa, a xente prefire votar a un narco lad rón que a un experimento que nom se sabe como terminaría e así de triste a nosa realidade pero weno seguide insultando a un pobo enteiro

3 XanKaraLlás

Mirade, demagogos e manipuladores Buceta e Galego: Os únicos feitos en canto ás votacións son que medrase ou non o PP nas cidades, se fose polo voto delas os fa chas NON gobernarían agora en Galiza. Isto é así e non ten discusión posible. De que a xente vote a un amigo de narcotraficantes non é precisamente culpa de Podemos por moitas filigranas e malabarismos verbais que queirades facer: é culpa dos pailáns que votan no PP e da manipulación á que están sometidos na súa profunda ignorancia. Podemos non lle deu ningún gobernó a Rajoy posto que sempre votou contra el. O goberno a Rajoy déronllo os im bé ci les que votan por el. E o sectarismo do BNG (en Galicia), que divide a esquerda e beneficia a dereita.

4 Buceta

Estupendo taparrabos (antes Xanciño extralimpo), polos votos do rural gañou o PP, ou polos votos perdidos no URBANO perderon as Mareas. Igual de valido! Logo dime quen era o demagogo! Ou o falabarato taparrabos! Por certo, os ultradereitistas de Planeta, a familia Lara visceralmente oposta a nacion catalana, que son os donos de La Sexta, que interese teñen en promocionar Podemos? Sospeitamos que hai urbanitas inocentes que acreditan nos magos das televisions, non seran igual ou mais pailans que os rusticos?

5 XanKaraLlás

Buceta, non xogues coas palabras, que falas como un par vo e non tes razón en nada. Gañou o PP como sempre, ou peor que sempre, porque temos votantes que para decidir o seu voto utilizan o cu (igual ca ti para razoar). Todo o meu apoio a Fernán Vello menos para a súa rectificación. Punto.

6 Sesese

Pero que mala educación e que pouco respecto por a xente que non e como ti. Mal asunto

7 Leirachá

Temos, XanKraLlás, a En Marea Podemos que perdeu a metade dos votos en 9 meses, e ti a espallar fume e desprezos en base a preconceitos e prexuizos propios de mentalidades madrileñas. Enxergando a política coma ti, disimula se podes, é igual que o poder sexa exercido pola dereitas corruptas que polas falsas progresías cheas de infantilismo e carraxe de postureo á moda das tertulias de La Sexta.

8 Leirachá

Rematando, a variable na que tanto insistes, rural/urbano, condiciona pero non é determinante. Igual sería a idade dos votantes, menores de 45/maiores, esqueceches ese dato ou non conta nos teus prexuizos... É por tanto unha análise parcial, enganosa se só responsabiliza ao rural ou que trata de esconder a realidade: En Marea Podemos perde votos de xeito alarmante, a responsabilidade está dentro, e deputados como Fernán Vello e Pam deben deixar a política. Por restar e por simple decencia!

45 Eurico

Moi obxetivo GC. Se nos chama ignorantes un de Madrid, é parte dunha "campaña de carraxe e desprezo". Se o que di o mesmo é Fernan Vello é "un desafortunado chio" e un "erro de principiante. Xa vos vale.....