Así trata a prensa tradicional galega a crise socialista

Apenas o 20 por cento da superficie de portada para a crise no PSOE e tan só o 2 por cento para as súas consecuencias en Galicia. Ese é o espazo que lle adicaron os xornais en papel galegos ao xa histórico cisma socialista. Nalgúns medios, o fútbol mesmo superou en protagonismo a un dos maiores terremotos políticos na historia recente de España. Analizamos tamén os textos de portada de sete xornais mediante lingüística computacional.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 01/10/2016 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A grave crise pola que atravesa o PSOE está abrindo estes días todos os informativos de televisión e radio, e copando as portadas dos xornais de toda España. O terremoto socialista e as súas réplicas séntense tamén en Galicia, onde o PSdeG vive a súa particular crise interna. O momento é histórico, pois non só está en xogo a estabilidade e mesmo a supervivencia do partido máis importante na historia moderna de España, o PSOE —fundado en 1879—, senón que, ademais, este terremoto na familia socialista podería mudar radicalmente o escenario político español e galego. É por iso que GC decidiu analizar como está tratando a prensa tradicional galega estes sucesos, que xa marcan un antes e un despois na historia do PSOE e do PSdeG, e que decidirán o futuro inmediato de España e tamén de Galicia.

Portadas da prensa galega que recollen a crise do PSOE
Portadas da prensa galega que recollen a crise do PSOE | Fonte: © GConfidencial.

GC pretende simplemente aportar unha análise obxectiva, deixando as opinións e interpretacións sobre as liñas editoriais de cada xornal para os lectores. Para iso, analizamos as portadas de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Región, El Progreso, La Opinión de A Coruña e Atlántico Diario publicadas o 29 e 30 de setembro, cando estoupou a crise entre os dous bandos enfrontados no PSOE (os que apoian a Pedro Sánchez e o seu "non" a un novo goberno do PP, e os que secundan a Susana Díaz e a abstención para deixar gobernar a Mariano Rajoy). As portadas da prensa en papel seguen sendo un termómetro da actualidade, como ferramenta de selección e xerarquización de novas, que permite observar que temas son importantes para os editores dos medios impresos e que peso lle dan.

Para ofrecerlle ao lector unha visión clara de como a prensa galega esta tratando a crise socialista, analizouse primeiro a superficie que ocupan nas portadas dos devanditos xornais as novas sobre o conflito no PSOE e as que afectan ao PSdeG (codificadas con distintas cores: vermello para a crise estatal e azul para a galega), coa intención de medir a importancia que os editores de prensa galegos lle están dando a estes acontecementos. Para isto usamos PageOneX, unha ferramenta para codificar e analizar portadas de xornais de todo o mundo.

En segundo lugar, analizamos os textos de portada referidos tanto á crise no PSOE como á do PSdeG mediante lingüística computacional (incluíronse titulares, subtítulos, antetítulos e leads). Para isto, xuntamos os textos das dúas portadas analizadas de cada xornal para facer unha análise conxunta para cada medio. A análise inclúe un resumo dos textos completos de cada xornal, feito mediante segmentación de oracións, análise morfosintáctico, extractor de palabras e multipalabras clave e ponderación de oracións, mediante algoritmos. Ademais, inclúense para cada xornal unha nube coas palabras clave, isto é, as más importantes, clasificadas segundo o seu grao de relevancia nos textos analizados, e tamén unha nube de multipalabras clave, a cal amplía e complementa a nube de palabras con termos e temas que necesitan máis dunha palabra para expresarse e que se clasifican segundo o seu grao de cohesión interna. A densidade de palabras, tanto nas nubes como nos resumos, depende da cantidade de texto publicado en cada portada. Para isto usamos a ferramenta Linguakit, de Cilenis Language Technology, unha spin-off da Universidade de Santiago.

ESPAZO EN PORTADA

Malia que o cisma no PSOE —e as súas consecuencias no PSdeG— é xa un dos maiores terremotos políticos na historia recente de España, que pode mudar radicalmente o escenario político estatal e galego, o certo é que non chegou a ocupar nin sequera unha cuarta parte da superficie total das portadas da prensa galega.

En concreto, o xoves 29 a crise do PSOE ocupou só o 20,7 por cento da superficie, en conxunto, das sete portadas analizadas. E o conflito en Galicia, unicamente o 2 por cento. Datos que apenas variaron o venres 30: 20,4 por cento da espazo total das portadas para a crise do PSOE e 2,5 por cento para os sucesos relacionados con esta en Galicia.

Sobre o cisma socialista en Galicia, tamén chama a atención a escasa importancia que lle deron os medio do país. Así, como xa mencionamos, o espazo total conxunto dedicado á crise no PSdeG non chegou nin sequera ao 3 por cento e mesmo en El Progreso de Lugo non se lle dedicou nada en portada. Ademais, Atlántico Diario e La Región —ambos os dous do mesmo grupo mediático— só introduciron este asunto o venres 30.

Das catorce portadas analizadas, só en dúas se incluíron fotos sobre a crise socialista: unha, de Pedro Sánchez na edición do xoves 29 de La Voz de Galicia, e outra de Susana Díaz na edición do venres de El Progreso.

Sobre o uso de imaxes na primeira páxina dos xornais, chaman a atención os casos de Faro de Vigo e Atlántico Diario. No caso do primeiro, en ambos os dous días elixiu como fotografía central, ocupando grandes espazos, unha foto da nova sede da Universidade de Vigo no Berbés e outra do partido do Celta contra o Panathinaikos grego en Balaídos. No caso do Atlántico, ambos os dous días o fútbol dominou as portadas, co gallo do partido europeo do Celta. É dicir, os dous xornais vigueses deron prioridade visual a temas locais e, principalmente, ao fútbol, en plena treboada política.

No resto de portadas obsérvase que tampouco houbo interese por destacar graficamente esta xa histórica crise dos socialistas.

Velaquí a visualización dos espazos dedicados á crise no PSOE e no PSdeG en cada xornal.


Porcentaxe de superficie que ocupan nas portadas da prensa galega a crise do PSOE (vermello) e as súas consecuencias en Galicia (azul) | Fonte: © GConfidencial.

ANÁLISE DOS TEXTOS

A continuación amosamos os resultados da análise dos textos para cada un dos xornais. Para elaborala, xuntáronse os textos das portadas dos días 29 e 30. 

Nos resultados obsérvase o interese de cada medio por destacar temas, lugares, persoas e situacións.

LA VOZ DE GALICIA

No caso de La Voz de Galicia a palabra "crisis" e a multipalabra "crisis política" dominam o seu discurso, que tamén pretende levar, no caso de Galicia, o cisma socialista ao terreo das mareas e, máis concretamente, á Coruña, ámbito xeográfico natural deste xornal. 

Resumo

Los socialistas de A Coruña y Santiago plantean un frente común contra las mareas. La división sume al PSOE en el caos.

Nube de palabras clave

Nube de multipalabras clave

FARO DE VIGO

En Faro de Vigo obsérvase unha tendencia a darlle máis predominio aos suxeitos implicados, directa ou indirectamente, na crise socialista, tanto a nivel estatal como galego, incluído Mariano Rajoy, cuxa investidura como presidente do Goberno central depende de como se resolva o conflito no PSOE. Tamén destaca, entre as multipalabras, o peso que se lle dá tanto aos votantes socialistas como á parte da Executiva do partido sublevada. E, ao igual que La Voz, reduce o conflito en Galicia ao seu ámbito de influencia, neste caso, a provincia de Pontevedra.

Resumo

“No caben golpes frente al dictado de la militancia”, responde Luena a los críticos, que lanzan a Javier Fernández para liderar una gestora. Todo se precipitó después de que Felipe González revelase que Sánchez le prometió abstenerse con Rajoy en una segunda votación. Susana Díaz se ofrece para “coser” el PSOE y Sánchez redobla su órdago.

Nube de palabras clave

Nube de multipalabras clave

CORREO GALLEGO

No caso de El Correo Gallego, o máis substancial da nube de palabras clave é que se contrapoñen dous nomes, os de Pedro Sánchez e Susana Díaz, cunha palabra por medio, "guerra". Esta linguaxe belixerante, bélica, que emprega o xornal compostelán, vese máis claramente na nube de multipalabras, na que destacan, entre outras, "lucha fratricida" e "guerra fratricida" ou "batalla gallega", neste último caso, para describir a crise no PSdeG.

Resumo

Guerra fratricida en el socialismo español. Susana Díaz: “Primero el país, luego el PSOE”.       

Nube de palabras clave

Nube de multipalabras clave

LA REGIÓN

Os dous grandes protagonistas na contenda socialista —Pedro Sánchez e Susana Díaz— comparten practicamente o mesmo peso que Mariano Rajoy —observador do conflito— nas portadas de La Región de Ourense, nas que se destacan tres ámbitos xeográficos para contextualizalo: España, Galicia e, por suposto, Ourense. O conceptualización do cisma socialista como unha "guerra" tamén está moi presente no discurso deste xornal, no que a investidura de Rajoy é un elemento clave para explicar as leas no PSOE.

Resumo

Susana Díaz se postula ya para “coser” un partido roto, mientras que Pedro Sánchez se niega a ceder la secretaría general y fija un congreso para elegir un nuevo líder.       

Nube de palabras clave

Nube de multipalabras clave

EL PROGRESO

No caso do xornal lugués, os termos claves arredor do PSOE son os dous suxeitos enfrontados —Sánchez e Díaz— e a sede central dos socialistas —Ferraz, en Madrid—, no foco dos medios da capital española estes días (na nube de multipalabras destacadas obsérvase o uso que se fai  neste xornal de "circo mediático"). Pero tamén aparece destacado o nome de Antonio Pradas, portavoz dos 17 dimisionarios da Executiva do PSOE, así como, unha vez máis, a palabra "guerra". Non hai referencia algunha á cuestión galega, pois El Progreso non publicou en portada nada ao respecto.

Resumo

Sánchez se aferra al cargo en el PSOE pese a la dimisión de media ejecutiva. La presidenta andaluza salió por fin a la palestra desde su comunidad, mientras la sede de Ferraz vivía un circo mediático inédito, con Pedro Sánchez y sus afines en el interior sin recibir a la representante de los dimisionarios.       

Nube de palabras clave

Nube de multipalabras clave

LA OPINIÓN DE A CORUÑA

No xornal coruñés do grupo Prensa Ibérica —o mesmo ao que pertence Faro de Vigo—, ademais dos actores xa mencionados en casos anteriores —Sánchez, Díaz e Rajoy—, introdúcense outros suxeitos e espazos vencellados ao conflito galego, con Mar Barcón, secretaria local do PSdeG da Coruña, e referencias á presenza das mareas nos gobernos da cidade herculina, ademais de en Santiago e Ferrol. Así, adquire relevancia na nube multipalabras a situación do "partido en Galicia" xunto a outras cuestións, como a xestora que se propón para que se faga coas rendas do PSOE ou o congreso socialista para dirimir a controversia.

Resumo

Sánchez se niega a dejar la dirección del PSOE tras dimitir la mitad de la Ejecutiva para forzar su salida. Barcón pide a los responsables del partido en Galicia “repensar"  la relación con Marea en los concellos de A Coruña, Ferrol y Santiago.                                   .       

Nube de palabras clave

Nube de multipalabras clave

ATÁNTICO DIARIO

Por último, no caso do xornal vigués Atlántico Diario, Sánchez é a palabra eixo sobre o que xira todo o discurso, no que se introducen non só referencias estatais, senón tamén numerosas galegas, introducindo un nome clave como é o de Abel Caballero (alcalde de Vigo e referente dos conspiradores contra Sánchez e os seus afíns en Galicia) e os principais puntos da xeografía galega sacudidos polo terremoto socialista: Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e A Coruña. A nube de multipalabras compón, ademais, unha case perfecta sinopse do conflito, que comeza co "fracaso" de Sánchez que empurra o partido a unha "crisis", que desemboca en "caos", con Sánchez e os críticos enfrontados, ante o cal estes últimos piden unha "reorientación" do PSOE cun "nuevo líder".

Resumo

Susana Díaz se ofrece a "coser el partido", ataca a Sánchez por su fracaso y dice que "primero es España y luego el PSOE". Caballero asegura que la Ejecutiva está disuelta y pide una reorientación del PSOE y cambio de rumbo.                                   .       

Nube de palabras clave

Nube de multipalabras clave

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Gamela

O Grupo PRISA cesou ao SX do PSOE https://www.vientosur.info/spip.php...

2 Pedro Periodista

La Voz de La Coruña y el Faro del Fútbol, los dos grandes periódicos gallegos. Interesante análisis. Ese 2 por ciento de espacio dedicado al tema gallego demuestra que les importa una mier-da Galicia y que en esas redacciones viven del teletipo cuando no tienen filtraciones del PP. Que no suden los periodistas.

1 Gamela

Interesante traballo para unha tese doutoral /ou un traballo lingüístico / pero os usuarios aínda non somos máquinas... Esta é unha tendencia similar á analise dos impactos do Twitter e similares... que non fan análise conceptual algunha (agás constatar que non temos unha prensa digna de tal nome, senon medios ao servizo de intereses particulares que venden xornais para envolver zapatos vellos (Faro de Vigo) http://gamela00.blogspot.com.es/201... Curioso traballo pero non é demasiado relevante para estes momentos...

1 Anonymous

Para un xornal que se toma a molestia de ofrecernos aos lectores análises profundas sobre como funcionan os medios e como configuran a realidade, e vas ti e o minusvaloras. Plas plas plas, Gamela. Que siga o circo da ignorancia, así seguirá dominando o fútbol as nosas vidas (como ben se sinala neste artigo, por certo). Talvez prefiras o que moitos, só opinión, opinión e máis opinión, que é o único que parece importante. A información e os datos, para eses tolos científicos, o pobo merece circo e pan. Artigo moi interesante e útil.

2 Gamela

Cando o sabio sinala a lúa, o necio mira o dedo...? Non é relevante ver como o partido que modificou a Constitución 135 con nocturnidade e alevosía xunto ao PP está a salvar os seus mobles de deseño... O que podería ser relevante nestes momentos é dar paso a OUTRAS POLÍTICAS alternativas para permitir que a xente RESPIRE e teña futuro máis alá da miseria do bipartidismo... // https://youtu.be/68Q1PwooJ6I?t=19m5... // Por certo, onde está metida En Marea ? Tamén andan repartindo sillóns ?

3 Anonymous

Tes un discurso moi raro. Non sei ben que ten que ver o teu último comentario co que che digo... e a que vén En Marea en todo isto :S. Os xornais están para dar información e análise, e está a min paréceme moi interesante e relevante, como experto en comunicación. Logo, o que dis de "dar paso a OUTRAS POLÏTICAS" e demais, pois xa é cousa da política, non dos medios (ou non debera), así que mellor que visites as webs dos partidos e non un xornal, a ver que contan por aí nos seus programas.

4 Gamela

Cando a xente le un xornal atopa o que disque é a ACTUALIDADE e o que lle afecta directamente ou o que pode afectar á súa vida cotiá... (iso con sorte!) Pero encher medios de comunicación coa CRISE dun partido que leva en crise permanente dende polo menos a chegada de Zapatero... e o seu séquito de mulleres ministras... Supoño que é picar no anzoi de crer que esa nova DEBE AFECTARNOS a todos! A min particularmente me resbala... así como os tuits contra Fernán-Vello importanme un bledo... O que quixera ler nos xornais é onde están as ALTERNATIVAS aos partidos podres... Onde está movéndose o futuro e non facer de ENTERRADORES DO PASADO! Pero ao mellor pensas que a todo o mundo lle interesa cantos cm2 ocupa esta nova na prensa diaria... Pois polo que se ve interesalle moito máis o FUTBOL (coma sempre!) // Lamento que o meu discurso sexa pouco claro... ao mellor é cuestión de dar demasiadas cousas por supostas... Abur

5 Gamela

un exemplo do que debera ser un titular máis apropiado O grupo PRISA cesa ao S.X. do PSOE https://www.vientosur.info/spip.php...