Por Lois Pérez Leira | Vigo | 09/10/2016
Os medios dicían que estaban en distintos lugares do mundo. Cada tanto aparecía a noticia da súa hipotética morte. Aínda que nos últimos meses transcendera que Guevara estaba en Bolivia. Por aquel entón cursaba o segundo ano no Colexio secundario Tomas Guido de San Martín (Provincia de Buenos Aires). Tanto eu como dous compañeiros de aula Rosetti e Picardi, definiámonos/definiámosnos como guevaristas. Simpatizabamos coa guerrilla venezolana, que combinaba a insurrección armada, co movemento de masas. Ao saír do colexio terminabamos todos os días na Praza San Martín, sentados nun banco facendo longos debates sobre a revolución. Aquel mesmo ano o reitor, un profesor de historia reaccionario de apelido Martí, téntoume expulsar do colexio por comunista. Nas clases de Educación Democrática eu denunciaba, como nos ensinaban a Constitución Arxentina, cando a mesma estaba suspendida polos militares. A parte de defender á revolución rusa e a cubana.
Aquel día fatídico do 9 de outubro, atopábame cos meus compañeiros, esperando para entrar á escola. Sempre chegabamos media hora antes e xuntabámonos na porta dunha libraría e marroquinería, que quedaba fronte á entrada das Tomas Guido. Alí fumabámonos un cigarro, antes de entrar e falabamos dos temas típicos do estudo ou as noticias do día. Xusto a esa hora, unha radio próxima a nós transmitía o noticiero da 13 hs. onde anunciaba a morte do Che. A CIA fixera transcender antes do seu asasinato, aínda estando vivo, a noticia da súa morte, co obxectivo de que o propio exercito boliviano, non puidese arrepentirse e cumprise o acordo coa CIA de asasinalo. Guevara fora detido e ferido o día 8, tras un enfrontamento contra o exercito. O 9 era vilmente asasinado. A noticia transmitiuse en todos os medios internacionais. Pola forma que se anunciaba a mesma, daba conta que esta vez se era certa a súa morte.
Ao escoitar ao locutor, a miña cara transformouse. Non podía crelo. Non quería crelo. Pero parecía que a noticia era certa. Quedei varios minutos case mundo. Mentres cairon algunhas lagrimas de emoción. Entrei ao colexio en silencio. Por dentro dicíame ógalla que non sexa certo.
Aquel día 9 de outubro tomei a decisión de iniciar a miña militancia comunista. A súa morte determinoume que non bastaba con debater, que era necesario tamén a acción revolucionaria. Coa súa morte cumprirei 49 anos ininterrompidos de compromiso co marxismo, leninismo, guevarista.
Comandante Ernesto Che Guevara.
Até a Vitoria Sempre!!!