Por Galicia Confidencial | Lousame | 18/11/2016 | Actualizada ás 10:35
O Grupo Municipal do Partido da Terra de Lousame estivo no Parlamento Europeo en Bruxelas para denunciar tanto o proxecto de macrovertedoiro de residuos industriais como as continuas verteduras de augas residuais das minas de Sanfins.
Durante o pasado martes, o ex-concelleiro de Lousame Joám Evans Pim reuniuse coa eurodeputada Lidia Senra e a súa equipa, elaborando varias preguntas para a Comisión Europea e discutindo estes dous conflitos ambientais que afectan actualmente o concello. Tamén se reuniu coa ex-deputada Ana Miranda, que presentará outra pregunta a través do actual eurodeputado de Bildu.
As preguntas van dirixidas a varios comisarios europeos, incidindo en aspectos como a contaminación das augas e as súas implicacións tanto para a saúde da poboación como dos bancos marisqueiros da ría do Tambre. En relación ás minas de Sanfins, os datos do Plan de Control de Vertidos da Xunta, que mostran niveis de Cadmio, axente extremadamente tóxico e canceríxeno, 20 veces superiores aos permitidos augas abaixo da explotación, mentres que o elemento está ausente augas arriba da mina. Terra de Lousame pediu investigar a ligazón destas emisións coa presenza de Cadmio e Cobre na ría de Noia e coa altísima incidencia de cancro gástrico en Lousame.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.