Por Lois Pérez Leira | Vigo | 27/11/2016
A triunfante revolución cubana a poucas millas dos EEUU, a derrota norteamericana en Praia Girón, o aporte decisivo cubano para derrotar ás forzas racistas en Sudáfrica, converteron a este pequeno país socialista e ao seu líder nos abanderar da loita antiimperialista, en todos os recunchos da terra.
Malia a expulsión da OEA, do inxusto embargo norteamericano a Cuba, Fidel e o seu pobo puideron resistir sempre e vencer. A demostración contundente foron os novos aires que sopraron e sopran por América latina: A revolución bolivariana, Ecuador, Bolivia, Nicaragua, O Salvador, Uruguay etc. Fidel é o continuador dos grandes libertadores de América: Simón Bolívar, San Martin, Antonio Sucre, Francisco de Miranda, Bernardo O Higgins etc.
É o mellor fillo de José Martí, que foi o autor intelectual segundo o propio Fidel, da revolución cubana.
A súa desaparición física xa era un feito eminente e asumido polo mesmo Fidel, deixándonos como despedida os seus últimos xeniais pensamentos escritos. O máis importante é a súa obra encarnada na propia revolución e a influencia que aínda segue exercendo nunha parte importante da humanidade. Teño que recoñecer que hoxe como aquel 9 de outubro de 1967 que escoite a noticia de que asasinaran ao Che, fíxolleme un nó na garganta e chore. Críeme e forme á calor do pensamento da revolución cubana e séntome fillo desa revolución. Por iso digo en vos alta. ¡Ata a vitoria sempre o meu comandante Fidel Castro.!