Caballero recoñece que competir con Podemos "non foi unha boa idea"

Insiste en apostar por Susana Díaz como líder do PSOE e prefire evitar a bicefalia no partido.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/12/2016 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, recoñeceu este venres que a insistencia do seu partido no último ano en competir con Podemos "non foi boa idea" e recoñece que no PSOE "se equivocaron todos".

Abel Caballero, alcalde de Vigo
Abel Caballero, alcalde de Vigo | Fonte: moicelestes

"En aquel momento debemos formular unha dinámica política clara. Estar dedicado a competir con Podemos non foi unha boa idea. Centremos o partido na posición do centro esquerda e poñamos un líder ou unha líder que se encargue de levar nesa dirección", dixo nunha entrevista no probrama "Los desayunos de TVE", recollida por EP.

 

Preguntado sobre se se equivocou Pedro Sánchez na súa etapa como secretario xeral do partido, Caballero dixo que Sánchez "debeu dar un ultimato a Podemos para que o votaran a el ou o presidente era Rajoy". En todo caso, recalcou que se equivocaron "todos".

 

Aposta por Susana Díaz

 

Ademais, volveu insistir este luns en apostar pola presidenta de Andalucía, Susana Díaz, como futura secretaria xeral do PSOE, á vez que opinou que ao partido lle foi mellor cando non houbo bicefalia. Así, suliñou que a secretaría xeral do PSOE ten que ter unha persoa con "moito liderado" e cun "apoio orgánico moi forte".

"Necesítase unha dirección que teña un apoio serio e consistente, que conecte cos electores. Quero un proxecto gañador, non para ir subsistindo. Non quero experimentos cando se fala do PSOE" afirmou.

O socialista galego recordou que xa lle formulou a Díaz hai tres anos que "dera un paso" porque lle pareceu a "mellor situada". "Ela decidiu permanecer en Andalucía e gañou as eleccións contundentemente. Cando se fale diso nuns meses, volvereille pedir que dea o paso", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

equivocáronse todos, menos el, que estaba agochadiño agardando a imputación do Secretario Xeral do PSdG para recuperar as mañas de Pepe Blanco e moverlle a silla ao que debera ser o seu candidato á Xunta de Galicia / Leiceaga sabe ben quen é Caín Caballero! Vivimos tempos nos que as MENTIRAS pasan por VERDADES!