Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2017 | Actualizada ás 14:05
O PP non se sabe se está ou non está coas vítimas da violencia de xénero. Hai uns días era o alcade de Noia o que facía unhas desafortunadas declaracións. E este luns era o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, quen falaba dunha agresión sexual como "tocamentos" e "intimidación".
Por iso, a Deputación de Lugo reprobou a Carballo por estas declaracións que o aludido intentou xustificar suliñando que, "en ningún momento", quixo "quitar importancia" ao feito. "O que quixen explicar é que non se tratou dunha agresión sexual con violación; algo que non quedou ben expresado nas miñas palabras", sinalou en relación ao ocorrido no paseo do Miño. Entón dixo que fora un "feito illado" e que non fora unha agresión sexual como tal senón "uns tocamentos" e unha "intimidación" a unha muller..
O organismo provincial, pola súa banda, reprobouno nun pleno no que se ausentaron os 12 deputados do PP no momento da votación. Cumpriron así coa ameaza de ausentarse se non se retiraba esa moción que presentou o grupo socialista e que secundaron os dous deputados nacionalistas.
Esta ausencia non evitou que finalmente se reprobase a Carballo --a pesar de pedir desculpas este mesmo martes-- cos 11 votos do PSOE e dous do BNG e a bancada popular baleira.
"CAER TAN BAIXO"
Na súa intervención, o viceportavoz do PP, Carlos Armesto, pediu ao presidente, Darío Campos, que retirase a iniciativa tras as "desculpas" do subdelegado e asegurou que "calquera outra cousa é rozar o ridículo político".
"Nunca xamais en política vin caer tan baixo, nin xogar así coa honradez e a credibilidade das persoas. Non poden utilizar unha institución só para os seus fins", censurou.
"VANALIZAR VIOLENCIA MACHISTA"
O portavoz socialista que defendeu a moción, Álvaro Santos, cualificou de "non admisible" o que dixo Carballo. Así, explicou que con esta moción preténdese "rexeitar como corporación esas declaracións nas que cualifica como non agresión sexual as intimidacións e tocamentos sufridos por unha muller na cidade de Lugo".
Santos engadiu que o acordo se fará chegar "ao presidente do Goberno e ao delegado do Goberno en Galicia", a modo de "tirón de orellas" por "vanalizar" a violencia machista.
Mentres, o portavoz nacionalista, Xosé Ferreiro, compartiu este argumento de que non se pode "vanalizar" este tipo de feitos, aínda que tamén valorou as desculpas do subdelegado.
"FIRME CONDENA"
Na nota, Carballo puntualizou que "se algunha muller, e especialmente a vítima desa agresión sexual, sentiu ofendida" polas súas palabras, pídelles desculpas.
Reiterou, ademais, o seu "máis firme condena" a este tipo de actos "delituosos", e lembrou que as forzas e corpos de seguridade do estado "seguen traballando para esclarecer este feito, como tamén para evitar que se poidan producir outros semellantes".
PLAN PARA CONCELLOS
No mesmo pleno provincial, aprobouse por unanimidade o bautizado como 'plan único' para os concellos, polo que se van a destinar 20 millóns.
O obxectivo con este plan para os entes locais é lograr unha repartición "obxectiva e equitativa" en cada un dos 67 consistorios da provincia de Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.