Os socialistas reivindican o seu republicanismo

O Concello de Lugo conmemora a proclamación da II República e Xuventudes Socialistas critica duramente á monarquía española.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/04/2017 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O PSdeG, ou cando menos, unha parte del non esquece o seu pasado republicano. De feito, este vernes, 14 de abril, e cando se cumpre o 86 aniversario da proclamación da II República non foron poucos os socialistas que reinvindicaron o seu republicanismo.

Así, o Concello de Lugo conmemorou esta data cunha ofrenda floral e a lectura dun manifesto na Praza da Soidade, en fronte ao monolito que rende homenaxe á República. Aos actos asistiron varios membros da Corporación municipal, presidida pola Alcaldesa, a socialista Lara Méndez, ademais da Deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo.

Críticas ao monarca español

Máis reivindicativos foron as Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) que reclaman unha vez mais a instauración da III República Española. “Considerámonos republicanos por razóns ideolóxicas, de memoria e de principios éticos”, indicou nun comunicado o seu secretario xeral, Aitor Bouza.

Bouza indicou que “a defensa da República como modelo de Estado forma parte da nosa identidade política, así como a lembranza dos logros alcanzados na última etapa republicana, derrubada da forma máis vil cun golpe de Estado que nos arrastrou a unha ditadura”.

O líder das XSG evidenciou que “mentres na actualidade en España o xefe do Estado o é por nacemento, a súa persoa é inviolable e non está suxeita a responsabilidade, na República o xefe do Estado era elixido por sufraxio universal e non gozaba de privilexios inxustos”. “A xuventude española non se sente identificada con este modelo de Estado porque non forma parte de quen aceptou o seu establecemento”, dixo.

Acto do Concello de Lugo, con Lara Méndez ao fronte, a favor da II República
Acto do Concello de Lugo, con Lara Méndez ao fronte, a favor da II República | Fonte: Concello de Lugo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

2 pe$oe e corruePPcio

de que vai esta broma... estanlle facendo a competencia o pútrido PPodreiros que caeu en monoarquia... son moi putifares e expañolentos estes sinvergonzas sin conciencia e honor que teñen tanto e tanto dobrado o lombo diante da sua excelencia monoarquicana pasando polo infame carrillo, Waldo das jons, Felipe gonsales e demais faramalla da truculenta e traidora esquerda expañolenta,... menuda -merderia -vieiras e ti tragando coa -caca esta! agora os mareados primeiro van a misa e despois van a republica española por suposto... por supositorio... anda xa...

1 Corinna

El Psoe de Felipe González fue quien consolidó a la monarquía de los borbones