Rocío de Frutos anuncia que deixará a militancia socialista se Susana Díaz gaña as primarias

Cre que será Pedro Sánchez o que se fará co control do partido nas primarias do próximo día 21.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2017 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A ourensá Rocío de Frutos, unha das 15 deputadas socialistas que mantiveron o 'non' na investidura de Mariano Rajoy, anunciou este mércores que se dará de baixa no partido no caso de que a andaluza Susana Díaz gañe as primarias do PSOE.

Rocío de Frutos, cabeza de cartel do PSOE ao Congreso por Ourense
Rocío de Frutos, cabeza de cartel do PSOE ao Congreso por Ourense | Fonte: Europa Press

Díxoo nunha entrevista concedida á Radio Galega na que indicou que non prevé que a presidenta da Junta de Andalucía poida facerse coa Secretaría Xeral do PSOE, senón que augurou que Pedro Sánchez se fará coas rendas do partido nas primarias do próximo día 21.

"Creo que representaría moi ben os valores da socialdemocracia, e que estariamos no bo camiño", opinou De Frutos, á vez que asegurou que lle gustaría que o exlehendakari Patxi López "se integrase" na candidatura de Sánchez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gallego

Esta chica es precisamente el anti ejemplo de respeto por las opiniones ajenas. No en vano fue colocada a dedo de cabeza de lista por Ourense cuando la militancia había escogido a otra persona. Suma y sigue.