Zapatero volve a Galicia para facer campaña a favor de Susana Díaz

O ex presidente español estará en Vigo este martes. Leiceaga prevé uns resultados “axustados” nas eleccións internas do vindeiro domingo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/05/2017 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

O ex presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, é un dos principais dirixentes que tamén volveu á política activa para facer campaña a favor da presidenta de Andalucía, Susana Díaz, que aspira a ocupar a Secretaría Xeral do PSOE. 

Zapatero con Abel Caballero en Vigo
Zapatero con Abel Caballero en Vigo | Fonte: vigoalminuto.com

Zapatero acudirá ao bastión socialista de Díaz, a Vigo, como xa fixo o pasado 29 de abril, cando estivo arroupado polo alcalde, Caballero e a presidenta da Deputación, Carmela Silva. Así, participará nunha charla que se celebrará ás 20.00 horas no auditorio do antigo Reitorado, en Areal.

A súa visita será apenas catro días despois de que o ex secretario xeral do PSOE e candidato ao posto nas Primarias do próximo 21 de maio, Pedro Sánchez, dera un mitin no Hotel Baía ao que acudiron centenares de persoas.

Situación “axustada”

Sobre as primarias socialistas, o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, opinou que están "axustadas". Así, destacou que o importante é que os militantes poidan acudir a votar o vindeiro domingo de forma "máis informada".

Ao fío diso, sobre as palabras da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acerca de que só se gaña Susana Díaz o PSdeG poderá construír "un proxecto serio", Leiceaga resolveu que a súa opinión é "respectable", do mesmo xeito que outras en sentido oposto.  En canto ás críticas da viguesa na Cadena SER á presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, xulgou que o que debe facer o partido é "organizarse" e dotarse dunha liña política "apoiada pola militancia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Jaime

Yo me he quedado anonadado viendo cómo se han juntado todos los barones del PSOE para protegerse los unos a los otros, y cómo apoyaban a una candidata que seguía en la línea de las puertas giratorias para asegurarse una jubilación de burguesa (precisamente lo contrario de lo que se predica en su partido). Sólo hay que ver que Zapatero cobra un salario de 200.000 euros al año por su puesto en multinacionales como compañías eléctricas. Esto es algo que también hizo Felipe González, que por su puesto de consejero en Gas Natural gana 125.000 euros al año. Aznar se dedica a la asesoría en Endesa y cobra 200.000 euros anuales. Es una barbaridad, y hay que parar esto cuanto antes.

1 Luisa

Canto máis veña este home, mellor para a candidatura de Pedro Sánchez. Resta votos a quen apoia. Coma os outros ex-. A vella política.