EU marxina á eurodeputada Lidia Senra nunhas xornadas sobre a contaminación por lindano

A pesar de que Senra foi elixida pola lista de AGE –integrada por Anova e EU--, e realizou varias iniciativas sobre esta cuestión na Eurocámara, esta formación trouxo a Porriño á eurodeputada madrileña de Izquierda Unida, Paloma López.

Por Galicia Confidencial | O Porriño | 24/03/2018 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Esquerda Unida volveu marxinar á eurodeputada galega Lidia Senra, elixida por AGE-Europa --unha coalición na que participou a propia Esquerda Unida e Anova--  tras organizar unhas xornadas sobre a contaminación por lindano no Porriño. Non é a primeira vez que isto acontece. De feito, este partido chegou a acusar a Lidia Senra de ser unha “tránsfuga”. Unha acusación que negou Senra que lembrou que está adscrita en Bruselas ao Grupo GUE/NGL (Esquerda Unitaria Europea) xunto a catro deputados máis elixidos na lista de Izquierda Plural.

Eva Solla, Paloma López e Pedro Ocampo, concelleiro de EU Son Porriño
Eva Solla, Paloma López e Pedro Ocampo, concelleiro de EU Son Porriño

Con todo, EU rompeu xa toda relación con Senra e decidiu traer a falar dos problemas que hai en Galicia a unha eurodeputada de Madrid, Paloma López, militante desta formación política. Tras visitar as zonas afectadas por lindano no Porriño e Ponteareas, López dixo que “presentou unha serie de preguntas á Comisión Europea (CE) para intentar aclarar cuestións relativas á calidade de auga, aínda que vendo aquí a situación en directo, o que temos que facer e seguir insistindo en dous preguntas fundamentais”.

Durante a súa intervención no Porriño, dixo que esixirá unha reunión coa Dirección Xeral de Medio Ambiente da CE e levará directamente “a información nosa” para que se actúe por parte da CE “para superar esta situación e velar pola saúde da cidadanía”. Pola súa banda, Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, incidiu en rolda de prensa que “a Xunta de Galicia non ten feita ningunha actuación efectiva para eliminar os residuos de lindano”.

A súa conferencia tivo por título “Lindano, que facemos dende o Parlamento Europeo”, e contou, ademais de con Eva Solla coa presenza de Pedro Ocampo, concelleiro de EU Son Porriño e vinculado tamén a esta formación política.

INTERVENCIÓNS DE LIDIA SENRA

A eurodeputada galega Lidia Senra informou xa en varias ocasións á Comisión Europea (CE) das altas concentracións de lindano (pesticida) que se rexistran en varias áreas do río Louro ao seu paso polos municipios do Porriño e Tui. Así, ten reclamado unha investigación, que se faga cumprir a Directiva Marco da auga, que se protexa a saúde dos veciños da parroquia de Torneiros, e que se depure a responsabilidade de danos ambientais.

[Ndp101017]: Lídia Senra Impulsa A Visibilización Dás Mulleres Labregas Nos Estu
[Ndp101017]: Lídia Senra Impulsa A Visibilización Dás Mulleres Labregas Nos Estu

O lindano, cuxa fabricación está prohibida desde o ano 1991, é un produto químico insecticida considerado carcinóxeno pola Organización Mundial da Saúde. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

8 Aoutrocanconeseoso

Ben . Comprobado que se controla o nick en GC (como debe ser , por outra banda) e que o que dixo que nexus6, nostrus, josiño, aldonza, perropolice etc.eran o mesmo, asinando como "Galicia Confidencial" non o pode facer sen permiso deste xornal, procedo a deixarvos. Non teño nada a ver con nexus6, nostrus ou calquera dos outros que nomeastes: Son o que asinou como Perropolice, e SODES UNS MENTIREIROS. E si sodes así é porque sodes do servizo de estupideces pagadas do goberno; ou tedes unha preocupante falta de control do que pasa no voso medio . En calquera caso, non paga a pena un minuto máis con vós.

1 Gamela

que teñas un bo viaxe pola Rede !!!

7 Gamela

Polas súas obras as coñeceredes... (EU en Galicia nunca fixo outra cousa que conspirar e vivir do conto) http://www.galiciaconfidencial.com/...

6 Lindanowsky

É igual, esas xornadas non lles importan a nin cristo e so son para que vaian catro amigachos do partido a figurar. As verdadeiras xornadas xa as fan os veciños autoorgañizándose e o que teñen que facer os partidos e apoialos no que necesiten.

1 Xanc

Autoorganización dos veciños?? Jajajajaja. Non me fagas rir. Se no Nunca Máis, Corcoesto, emigrantes retornados, preferentes... non chega haber partidos e sindicatos GALEGOS detrás, tiñan o mesmo recorrido que a mexada dun Chihuahua. Porque vin a moitos veciños achegarse as sedes para imprimir cartaces, buscando asesoría xuridica, etc. Por certo, a xente que milita nun partido son veciños. Por certo, son veciños implicados e non esquirois que se apuntan ás batallas gañadas

5 Aldonza de puppetlandia

Quero denunciar que hao varios dias que se me bloquea nesta wev afirmando que fun bloqueada por violar as normas do dialogo. Onde estan esas normas porque penso clamar onde poida e teña dereito contra este ataque a miña liberdade de opinion. Difundirei onde poida o que me estades a facer. Por que ao que usa insultos sexistas coma kollona non se lle aplica o mesmo e a min que disinto dende a educacion e o respecto si?

4 Aldonza de puppetlandia

Quero denunciar que hao varios dias que se me bloquea nesta wev afirmando que fun bloqueada por violar as normas do dialogo. Onde estan esas normas porque penso clamar onde poida e teña dereito contra este ataque a miña liberdade de opinion. Difundirei onde poida o que me estades a facer. Por que ao que usa insultos sexistas coma kollona non se lle aplica o mesmo e a min que disinto dende a educacion e o respecto si?

1 Loisin

Non es a única á que lle pasou. Debe haber afán de silenciar ao soberanismo neste medio

2 Aldonza de Torquemada

Pois habera que ir pensando en non visitar a quen non nos quere nin a nos nin aos que pensan coma nos sexa cal sexa a nosa ideoloxia. Parece ser que aqui non se leva diverxer.

3 Galicia Confidencial

GC só bloquea a aqueles que violan as normas mínimas da convivencia, como é o caso de algún de vós. Curioso que coincidan en denunciar o bloqueo nesta web alguén que non está rexistrad@ e asina como "aldonza" e tamén como "nostrus", "josiño", "nexus6", "perropolice" con outr@ que asina como Loisin ou Xanc. Un que defende unhas ideas completamente opostas á outra. Só para que o resto dos e das lectoras o saiban.

4 Eu mesmo

Eu xa o intuía. Moitas grazas. Mais outros teñen o teclado moi acelerado: Resposta o comunista ao tal Xanc que referides "Di que si. Hai que escoller eurodeputados do Bloque... e que se fagan unhas boas SICAVS, que é o seu". Que Deus lle protexa o ouvido porque a vista xa vai alá...

5 Omultinickenpotencia

Para o que firma como Galicia Confidencial: Está vostede seguro de que aldonza, nostrus, josiño , nexus6 e perropolice son os mesmos? Moito me da que non vai ser capaz de demostralo. Agardo tranquilamente a súa resposta , da cal dependerá que volva comentar ou non neste medio. Xa de antemán lle vou dicir que son convidado e penso selo para sempre, porque non teño intención de rexistrarme neste medio nin outro , así de curta é a miña confianza nos medios de comunicación e na democracia que temos.

6 nostrus

Para Galicia Confidencial. ¿Quere vostede dicir que os nikcs que menciona son os que se bloquean?. Non sei cando eu violo as normas de convivencia, pero si acepto que podo ser un foreiro incómodo coa linea editorial deste medio, ao que eu considero practicante da prensa amarela. É a tan só a miña opion, pero teño direito a tela. Tamen direi que non é a primeira vez que alguen me suplanta e tamen podo sospetitar que tal feito se fai dende GC.