Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2018 | Actualizada ás 10:19
O incendio forestal no parque natural do Invernadoiro, no municipio ourensán de Vilariño de Conso, na parroquia de Pedroalbar, este pasado martes quedou controlado ás 21,00 horas do martes.
Este lume, o terceiro nunha semana neste parque, orixinouse por mor dun raio, despois da tormenta que afectou a Galicia na madrugada do martes e que deixou máis de 330 raios. Segundo as estimacións de Medio Rural afectou a 3,2 hectáreas.
No lugar do lume, que comezou ás 8,54 do martes, traballaron un técnico, seis axentes, 23 brigadas, nove motobombas, dúas pas, sete helicópteros e cinco avións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.