Por Galicia Confidencial | Bergondo | 01/09/2018 | Actualizada ás 11:55
Empanada, pemento, choco, ostra, mexilón, lamprea, queixo, pataca... Non hai alimento que en Galicia non teña a súa festa. E o tomate non ía ser menos. Por iso, a localidade de Bergondo celebrará esta fin de semana a I Mostra de Tomate Autóctono e outras variedades
Neste evento, amosaranse mais de 100 variedades de tomate de producción local, que os asistentes poderan degustar en diferentes elaboracións. Esta mostra ten como principal obxectivo poñer en valor un producto local calidade, achegando as diferentes variedades autóctonas e de outras rexións o publico asistente.
No acto terá lugar unha charla explicativa sobre o cultivo e as suas características mais salientables, a cargo de Begoña Pena Cacheiro, responsable da empresa organizadora, Olor y Sabor. Os asistentes tamén terán a opción de desprazarse a esta empresa para poder ver como se producen todas as variedades da mostra localmente, e preguntar alí as dudas que teñan. E como colofón a mostra, os cociñeiros da Cabana realizaran varias elaboracións cos tomates para que os asistentes poidan degustar estas xoias da nosa terra.
A mostra terá lugar este sábado 1 de setembro, a partires das 17:00 horas no Restaurante A Cabana. Conta coa olaboración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e do CFEA de Guísamo, co fin de poñer en valor un producto tan apreciado como é o noso tomate.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.