O taxi galego do futuro aproxímase a platafomas como Blablacar ou Uber

Ofrecerá servizos compartidos, cobrará por persoa en lugares da Galicia rural e terá prezos fixos e especiais en función de determinadas circunstancias. Os transportes VTC terán que identificarse e os usuarios tamén terán dereitos, como poder escoller entre o primeiro ou segundo taxi dunha parada.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 13/09/2018 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

O taxi do futuro tamén se adaptará aos novos tempos. Así se recolle nun novo decreto aprobado polo Consello da Xunta qeu desenvolve a Lei do Taxi de 2013. E, entre as principais novidades, están aquelas que o aproximan a servizos de transporte libre que xa operan en Galicia como Blablacar ou os vehículos VTC como Uber. 

Taxi en Santiago de Compostela
Taxi en Santiago de Compostela | Fonte: EP

E cales son as principais novidades deste decreto?. Pois que, a partir de agora, os taxis ofrecerán a posibilizade de realizar un servizo compartido. É dicir, que poidan ir varias persoas descoñecidas ao mesmo sitio, ou outro sitio, que coincida co percorrido dese taxi pagando por percorrido e persoa e non coa tarifa oficial. 

Ademais, naqueles lugares onde hai baixa densidade de poboación ou problemas de accesibilidade, especialmente nas zonas rurais do país, os taxis terán que cobrar por praza e non por tarifa. Dese xeito, catro persoas que non se coñezan e queren compartir coche ata un punto determinado pagarán unha tarifa individual. 

BLABLACAR OU UBER

Estas dúas novidades aproximan o servizo de taxi a outras plataformas como Blablacar ou Uber.  De feito, un dos obxectivos do novo decreto é “abaratar” as viaxes en taxi e adaptalas aos usuarios. Con todo, tamén se teñen en conta outras plataformas de transporte criticadas polos taxistas como son as VTC. 

Un taxi circulando por unha cidade
Un taxi circulando por unha cidade | Fonte: EP

Neste caso, a Xunta anunciou que, a partir de agora, os vehículos que ofrezan estes servizos, por exemplo de Uber, terán que amosar un distintivo específico nun lugar visible de que é un coche VTC. “É unha medida aínda que o máis importante é que se regule xa esta situación e que haxa só unha licencia VTC por cada 30 de taxi”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

OUTRAS MEDIDAS

Ademais, as novas medidas parobadas pola Xunta regularán os horarios fixos e abertos dos profesionais, e aqueles horarios especiais. Entre estes horarios especiais están os que se teñan que realizar en zonas escolares, para recoller escolares, ou en zonas de traballo, para recoller traballadores. Deste xeito, a Xunta poderá contratar a un taxista para que leve ou recolle a nenos dun colexio se o seu número o permite e, evitar así mobilizar un autobús.

Os taxistas tamén terán beneficios co novo decreto como o de acadar a licencia municipal e autonómica a través dun só trámite administrativo ou prestar servizos en concellos que non son os seus en momentos puntuais. 

A Xunta tamén estipula como teñen que ser os taxis. Deben ter catro portas, un maleteiro de máis de 330 litros, calefacción e aire acondicionado e ter menos de 10 anos en poboacións de máis de 20.000 habitantes e menos de 12.000 en concellos de menos de 20.000 habitantes. 

DEREITOS DOS PASAXEIROS

A nova norma tamén recolle dereitos dos pasaxeiros como é o de pedir axuda para subir ou cargar equipaxes ou que o transporte dunha soa maleta sea gratuíta. Tamén poderá decidir sobre o estado do aire acondicionado a calefacción ou pedir que se baixe o volume da radio. Ademais, poderá decidir entre os dous taxis dunha parada e poder pagar con billetes de 50 euros para os que o taxista terá que ter cambio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta