O PSOE vigués ve a Feijóo con medo logo de pedir explicacións sobre contratos "co seu amigo o narcotraficante"

Tamén lle critican ao presidente da Xunta que non estivese presente na noite do accidente do Marisquiño.

Por E.P. | VIGO | 14/09/2018 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

Así o manifestou o portavoz do goberno local, Carlos López Font, quen proclamou que Feijóo "entrou en pánico". "Foi pedirlle explicacións dos contratos co seu amigo o narcotraficante e porse máis nervioso que nunca. Insulta a torto e a dereito, insulta ao alcalde de Vigo", constatou, en alusión a unhas declaracións do presidente galego nas que dicía que Abel Caballero e o sentido do ridículo son conceptos "incompatibles".

O concelleiro Carlos López Font, en rolda de prensa
O concelleiro Carlos López Font, en rolda de prensa

Segundo López Font, o presidente da Xunta "teno sinxelo, o que ten é que dar explicacións dos contratos que asinou co seu amigo o narcotraficante". "Pode seguir insultando, pero o que queremos é que explique, e iso é o que o pon moi nervioso", constatou.

Así mesmo, o concelleiro socialista afirmou que foi "bochornoso" que Núñez Feijóo "non estivese en toda a noite" do 12 ao 13 de agosto en Vigo, cando se produciu o accidente no festival O Marisquiño. "E iso é algo que nunca lle perdoarán os vigueses", sentenciou.

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou sentirse "gravemente insultado" por Feijóo, "que ten esta forma de dirimir os seus propios conflitos". "Nunca contestei os insultos e non os vou a contestar agora", rematou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Xa de paso a ver se logramos que Abel Caballero explique ao Consello de Contas de Galicia / Fiscalía como se fai para desviar fondos públicos para os gastos do seu programa de televisón ou se pola contra se trata dunha cortesía de Localia Vigo ao mellor alcalde do mundo? // Cun chisco de sorte matamos dous paxaros dun só tiro : Feijoo e Dorado / Abel e a súa Débeda Cero ? Estaremos moi atentos a tódalas explicacións de ambos bandos ! E mentres seguen a súa pelexa mediática lembramos que o vindeiro luns 17 cúmprense un ano e sete meses da Acampada contra a Pobreza !!! RESISTENCIA !!! https://flic.kr/p/MinAAB