Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2018 | Actualizada ás 11:10
Deste xeito, Galicia rexistra a terceira maior alza interanual entre comunidades, só superada por Navarra (+29%) e Andalucía (15,8%). O avance galego está seis puntos por riba da media española (+9,3%).
De media no que vai de ano --entre xaneiro e xullo-- o aumento das vendas da industria galega é do 10%. Tamén é o terceiro maior de España, neste caso por detrás de Asturias e Navarra. A media estatal é do 6%.
Así, a industria galega acumula catro subidas interanuais consecutivas. En abril (+21,4%) produciuse o maior aumento en Galicia da serie histórica, após o que chegaron os avances de maio (+10,2%) e xuño (+8,4%).
No tocante á entrada de pedidos, hai un aumento do 14,1% na Comunidade fronte a 12 meses antes. É a autonomía que rexistra o segundo maior progreso interanual (empatada con Murcia), que encabeza Asturias (+18,2%).
É a segunda subida consecutiva neste campo e está moi por riba da media estatal (+5,6%). De media no que vai de ano o aumento do 4,4% galego está aínda por baixo do estatal (+5,3%).
A ENERXÍA DISPARA VENDAS E PEDIDOS
Por sectores industriais en España, todos rexistraron aumentos na facturación. A enerxía foi a que máis elevou as súas vendas no sétimo mes do ano, cun avance interanual do 34,3%, seguido dos bens intermedios (+11%), os bens de equipo (+8,1%), os bens de consumo duradeiro (+5,1%) e os bens de consumo non duradeiro (+2,7%).
En canto aos pedidos, todos os sectores experimentaron incrementos respecto de xullo de 2017 menos os bens de equipo, que os recortaron un 3,6%. O maior repunte foi tamén para a enerxía (+34,5%), seguido dos bens intermedios (+8,5%), os bens de consumo duradeiro (+4,8%) e os bens de consumo non duradeiro (+3,6%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.