Por X.M. Fernández | Cambados | 19/12/2018 | Actualizada ás 23:50
O bo facer desta adega, en particular dos viticultores e enólogos, non para de colleitar froitos en forma de premios e recoñecementos, neste caso os de prestixiosas publicacións especializadas. Martín Códax, Lías, Vindel e Gallaecia son os viños que acadaron as mellores valoracións dos expertos.
Martín Códax (2017), unha das marcas máis coñecidas da casa, vén de conseguir un ouro nos Premios Magnum 2018 conseguindo 92 puntos na Guía 365 vinos al año 2019 da revista Vivir el Vino e con 90 puntos na Guía Gourmets 2019.
Tamén foron excelentes as puntuacións para o albariño Martín Códax Lías (2015), para Martín Códax Vindel (2015) e en especial para Martín Códax Gallaecia (2013), albariño este último froito da paciencia e da vendima tardía que acadou 96 puntos na Guía Gourmets e 94 na Guía Peñín.
Outono Códax Festival
O festival galego de música negra que promove Martín Codax pecha a súa 8º edición co último concerto homenaxe a Aretha Franklin. Será o vindeiro 27 de decembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Catro das mellores vocalistas da actual escena soul estatal renderán un merecido tributo á raíña do soul. Mayka Edjole (The Sweet Vandals), Shirley Davis (Shirley Davis & The Silverbacks), Juno (Juno & Darrell) y Astrid Jones (Astrid Jones & The Blue Flaps) reinterpretarán aos éxitos de Aretha Franklin. Todo apunta a que será unha das noites máis especiais desta edición do Outono Códax.
Temas como Respect, Think ou I Say A Little Prayer serán reinterpretados por estas catro espléndidas frontwoman, acompañadas dunha das mellores bandas soul e funk do estado, The Silverbacks, a banda coa que prepararon este repertorio tan especial no que non faltará ningún dos grandes clásicos de Aretha Franklin.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.