A Armada Brancaleone quedou debilitada. O guerreiros de base, moitos morreron no intento outros desilusionados marcharon ás súas casas. O inverno será moi longo e é necesario recuperar enerxías. Xosé Manuel Brancaleone non se pronuncia. Algúns pensan que seguirá invernando. Ese foi o destino que lle determinaron as súas primeiras espadas.
E, mentres, moitos nos preguntamos quen son os responsables deste final tan dantesco?. Como é posible que un espazo que xero tantas ilusións con Alternativa Galega de Esquerda, terminase nesta bolsa de gatos que son as Mareas?.
Creo que existiron dous aspectos fundamentais para o fracaso deste proxecto político. Por unha banda as concepcións políticas posibilistas, reformistas que os levaron a ser unha nova "casta", a dos progues. Estas concepcións non tiñan en conta a Galicia como nación, nin á clase obreira como suxeito histórico dos cambios. Doutra banda os métodos organizativos e de participación. O Cidadanismo, asambleísmo ou todas as formas utilizadas converteron a estas organizacións en superestructuras electorais. Moitos pratós televisivos e pouco traballo de base. As fotocopias do iluminado, foron malas e pouco creíbles.
Soamente chequear o poder de mobilización do 25 de xullo -de cada forza integrante das Mareas-, para saber que non teñen base. Moitos xefes e poucos combatentes. Con só mirar as fotos dos actos do día patrio, para terminar a película como un drama.
Entón para que gobernar? Para ser mais éticos, máis honestos? Ou para utilizar o poder institucional para realizar as necesarias transformacións sociais que se necesitan?. Para iso é necesario crear poder popular. Organizar ás bases, unha central obreira potente de clase, potenciar o asociacionismo, crear medios de comunicación alternativos, novas formas de produción etc.
Non quero pecar de pesado pero aínda creo que Xosé Manuel Beiras ten que dar o seu último zapatazo.