Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2019 | Actualizada ás 11:09
Os prezos das exportacións de Galicia aumentaron un 4,4% en outubro en relación co mesmo mes do ano anterior, mentres que os das importacións creceron un 3%, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Por destino económico, o aumento foi do 1,51% nos prezos das exportacións de bens de consumo, os intermedios subiron o seu valor un 10,33% e os de capital diminuíron un 0,38%.
Nas importacións, os prezos dos bens intermedios repuntaron un 11,32%, os de consumo rexistraron un descenso do 8,95% e os de capital baixaron o seu valor un 2,32%.
En canto a destino xeográfico, produciuse un aumento do 2,16% nos prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria e do 2,87% nos dirixidos á Unión Europea.
En outubro, contabilizouse un aumento do 4,12% nos prezos das exportacións á OCDE e do 6,69% nas enviadas ao resto do mundo, sempre en termos interanuais.
Por orixe das importacións, os prezos dos bens procedentes de países pertencentes á Unión Económica e Monetaria reducíronse un 5,9%, para a Unión Europea anotáronse unha caída do 4,24% e para a OCDE, do 2,77%. Este mes aumentaron os prezos das importacións procedentes do resto do mundo, un 14,82%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.