Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/01/2019 | Actualizada ás 11:00
Un total de 154 exemplares de vacún frisón de alta calidade xenética están inscritos no concurso morfológico internacional desta raza na III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2019, que se celebrará do 21 a 23 de febreiro no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda, Pontevedra).
En toal serán 84 reses de Galicia, 37 de Cantabria, 10 de Asturias, 14 de Cataluña e 19 de Portugal. Os galardóns que se concederán nesta edición do concurso, que terá lugar o 23 de febreiro, serán Campioa Internacional nas categorías de tenreira, novilla, vaca nova, vaca intermedia e vaca adulta; e tamén Gran Campioa Internacional nas de novilla e vaca.
Ademais, recoñecerase ao Mellor Criador Internacional e Mellor Gandería de Nova Participación. Como novidade, nesta edición premiarase por primeira vez ao Mellor Criador de Novillas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.