As alternativas de En Marea para as Europeas: Podemos, Compromís ou Varoufakis

Serán os inscritos os que teñan que decidir con que aliados quedan, aínda que Compromís gaña enteiros. A nova dirección da formación evita polemizar as divisións internas de Podemos ou Anova.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2019 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

En Marea prevé pechar en febreiro unha "alianza ampla" para concorrer ás eleccións europeas, que os inscritos terían que ratificar en marzo e para a que se manteñen conversas con posibles aliados como Podemos, Compromís ou Diem25 de Varoufakis.

Rolda de prensa de En Marea, este sábado
Rolda de prensa de En Marea, este sábado | Fonte: Europa Press

Así o transmitiu Ana Seijas, integrante da coordinadora, tras unha reunión celebrada este sábado, á que non asistiu o portavoz, Luís Villares, a pesar de estar previsto, e na que a formación avanzou na súa postura sobre os Orzamentos Xerais do Estado e na elaboración dun "banco de ideas" común para as mareas municipalistas.

Un dos primeiros puntos abordados foi a coalición das eleccións europeas. Ana Seijas non quixo valorar a proposta do confundador de Anova, Xosé Manuel Beiras, de que esta formación se sume á coalición de BNG, EH-Bildu e ERC, e que xa foi rexeitada esta semana polo Bloque e corrixida pola propia Anova.

Seijas resolveu que "é un tema de Anova" que non lle compete a En Marea" e, aínda que cre que "a vía xa está pechada por Anova", replicou que En Marea "é unha organización nacional e de inscrición individual".

Tamén rexeitou valorar as posibles repercusións a En Marea da situación interna que atravesa Podemos. Aínda que o partido de Pablo Iglesias está nun "momento complicado", "non ten máis transcendencia" porque é algo que "forma parte da vida dos espazos políticos", respondeu na rolda de prensa Mariló Candedo, membro da coordinadora.

CANDIDATURA AMPLA PARA UNHA EUROPA DAS PERSOAS

Desta forma, a actual dirección de En Marea centrouse en avanzar os seus prazos de cara as europeas de maio, ao redor da idea de pechar unha "candidatura ampla", con formacións que aposten por unha "Europa das persoas" e "democrática" e que os inscritos voten en marzo.

En Marea aposta por pechar "unha candidatura galega, de país, que defenda os intereses dos galegos, que poña de relevo as necesidades e as expectativas de toda a sociedade galega, non dunha parte".

Con este fin, Seijas explicou que a dirección de En Marea iniciou o "diálogo con diversas formacións políticas" que entenden o "espazo político galego" e a "plurinacionalidade do Estado", para pechar unha coalición "o máis ampla posible que permita que os galegos teñan voz en Europa". Preguntada sobre os seus posibles aliados, citou a Podemos, a Compromís e a Diem25 do grego Yanis Varoufakis, pero sen "pechar portas" a outras alianzas.

"LÍNEA DE DIÁLOGO" CO GOBERNO POLOS PGE

En canto aos orzamentos presentados polo Partido Socialista, Mariló Candedo avanzou que "a dirección" de En Marea abriu "unha liña de diálogo co Goberno". As esixencias de En Marea sairán da Axenda Galega do Cambio e concretaranse nunha reunión da dirección galega o sábado con "os deputados do Congreso".

"O apoio aos orzamentos dependerá da receptividade das nosas propostas no Goberno de Pedro Sánchez, estamos abertos, aínda que partimos do 'non' inicial", subliñou.

"BANCO DE IDEAS" PARA As MUNICIPAIS

Por outra banda, Seijas avanzou que En Marea "está a traballar nun Banco de Ideas" para as eleccións municipais, construído de forma "colaborativa" coas Mareas locais, os inscritos e as áreas sectoriais, coa previsión de realizar en febreiro "encontros deslocalizados" para decidir as "liñas concretas".

Un Banco de Ideas no que se plasmará a "idea de concellos" que defende En Marea, pero deixando marxe á "diversidade" e "necesidade" das distintas localidades, e que se exporá en marzo, "nun encontro municipalista" no que se presentará este traballo e participarán as "Mareas locais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 Bernal Calvo Delaciga

Seguimos sen saber en qué posto vai a candidata eterna Ana Miranda e canto tempo vai ter agora para ser de novo "reina por un día".

1 Ganhán

A cuestión é que unha muller preparada como Ana,que fala varias linguas, fixo máis por GZ sendo raíña por un día que un dinosaurio antediluviano antivacinas sendo rei moito tempo. De todos os xeitos xa non chove como chovía e a seca vai aumentar "camarada" Bernal.

3 Alberte

Roma traditoribus non premiae

1 Sentidiño

Praemiat. Pero o BNG non é Roma, o problema é que se aceptasen agora a irmandiños/anobeiras/mareantas moitos nacionalistas coherentes non irían votar...

2 Barbazán

Eu absteríame de lle votar ao BNG se calquera distes renegados é aceptado nel. O meu voto téñeno xa pero agardo que non escoiten os cantos distas sereas que tanto mal lle fixo ao Bloque.

2 Gamela

se queren darlle cobertura á Rubén Pérez (Marea de Vigo) escusan facer campaña... https://i.gal/gamela05 Estamos fartos de ver como Esquerda Unida saca tallada institucional cos votos da xente das Mareas !

1 lóstrego

A maré que nunca se atreveu a ser galega.

1 Benito Lobera

Vaia home ou muller e seguides no biniga co rollo de dar carnets de galeguidade, parece que vos preocupa que existan mais organizacions galegas, en vez de estar ledos. Da a impresion que vos amolou que gañase Villares as primarias. No biniga xa non sodes os machitos patriotas únicos. Nin o biniga é a única organizacion nacionalista galega. Polo ben da nacion gslego comedevos o orgullo e que se senten Ana Ponton e Luis Villares e seguramente nunha tarde hai coalicion para as autonomicas de 2020. En marea é un partido político de adscripcion individual, os de fora dan tabaco

2 Sentidiño

Vox-Galicia ou Ciusadanos-Galicia tamén son organizacións galegas. Por suposto que non hai que aledarse: non fan falta máis organizacións galegas. Os ex do bng xa saben onde tornar, os españolistas de IU e Podemos aue fagan o que queiran.

3 Padre Feijoo

O de sentidiño? quédache jrande. Voltar o biniga?. Pero se non os queredes, nin vos queren. Mal que vos pese hai Marea e Villares para tempo. Alá vos. Seguide colocando a quintanistas encabezando candidaturas, por certo parece que lle collestes cariño os sillóns da deputacion, non voltastes falar de eliminalas.

4 lóstrego

Canto quinta columnista e gatopardista temos. O pior dun sipaio é saber da súa condición e por riba estar orgulloso.