Beiras alerta de que a caída dos orzamentos de Pedro Sánchez "abre a porta" á extrema dereita

O histórico nacionalista lanza mensaxes en Twitter contra a única deputada de En Marea que votou en contra das contas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2019 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista e cofundador de Anova, Xosé Manuel Beiras, saíu en defensa do seu compañeiro de partido e parlamentario de En Marea, Miguel Anxo Fernán-Vello, un dos deputados que desatenderon as directrices da dirección do partido instrumental e apoiaron a tramitación dos orzamentos, finalmente rexeitados polo Congreso.

Xosé Manuel Beiras no plenario de En Marea do 17 de marzo de 2018. EN MAREA - Arquivo
Xosé Manuel Beiras no plenario de En Marea do 17 de marzo de 2018. EN MAREA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Nunha mensaxe na súa conta de Twitter, Beiras sinala que o seu compañeiro de partido e parlamentario de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán-Vello, "votou coa mente limpa e co corazón onde debe estar: abaixo e á esquerda: contra Atila!".

"Con Atila a piques de volver aniquilar as nosas liberdades cívicas, sociais e nacionais a 'afronta a Galicia' non é abrirlle as portas ao monstro, senón un diñeiro a faltar nos orzamentos españois. Popularmente chámase a iso 'confundir o cu coas témporas'", publicou Beiras.

O chío do histórico político foi respondido minutos despois pola parlamentaria Alexandra Fernández, integrada no sector crítico coa dirección de Anova e a única representante de En Marea no Congreso que votou en contra das contas.

"Se a posición era votar os orzamentos a calquera prezo, o honesto sería dicilo desde un inicio e non enganar á xente. O incomprensible é que se obvie que estes orzamentos caen porque o PSOE decidiu seguir a axenda da extrema dereita negándose a negociar co bloque progresista", publicou Fernández.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

1 Kunkeiro

VIsto o visto, ainda queda alguém que poida crer em sério na suposta autonomia para defender a agenda galega coa que se nos vendeu En Marea, com grupo próprio ou sem el? Alexandra Fernández foi a única que respeitou dalgum modo essa ideia, à margem das liortas internas que hai detrás.