Biotecnoloxía para a sustentabilidade do sector téxtil galego

Cinco empresas e a Universidade de Santiago de Compostela presentan o proxecto QC4SusTex.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2019 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Cinco empresas biotecnolóxicas e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentaron o proxecto QC4SusTex, que traballa no desenvolvemento de solucións para a verificación da sustentabilidade no sector téxtil.

Cinco biotecnológicas e a USC desenvolven solucións para a verificación da. USC
Cinco biotecnológicas e a USC desenvolven solucións para a verificación da. USC | Fonte: Europa Press

O acto tivo lugar este martes na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo. O proxecto ten como obxectivo "o desenvolvemento de ferramentas para a autentificación en laboratorio de fibras e tecidos adheridos a declaracións ou certificacións de sustentabilidade no sector téxtil e do calzado" e tamén se centra "na avaliación e mellora da seguridade de materiais empregados na produción de moda sustentable", tal e como informou o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga).

Tamén busca "o desenvolvemento dun servizo integral chave en man que permita o control sobre o impacto ambiental nas augas de provedores de retailers do téxtil", engade.

O proxecto está financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través do Programa Conecta-Peme, cofinanciado por Fondos Europeos para o Desenvolvemento Rexional (Feder) e apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta