Galicia xa ten catro novas festas de interese turístico en Lugo, Muras, Ribadeo e Vigo

O Goberno galego asina o convenio anual para o mantemento do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, dotado de 300.000 euros

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 28/03/2019 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou a declaración de catro novas festas de interese turístico: a Semana Santa de Lugo; a Festa da Romaxe das Cruces, en Ribadeo; a Feira do Poldro e Gando do Monte das Muras, no municipio lucense de Muras; así como o San Brais de Bembrive, en Vigo.

Galicia conta na actualidade con 145 festas declaradas de interese turístico, das cales 11 teñen recoñecemento internacional, mentres 10 nacional e 124 autonómico. 

NOVAS FESTAS DE INTERESE

No caso da Semana Santa de Lugo, celebrarase o próximo mes de abril por primeira vez con este recoñecemento. A Xunta destaca que hai varios elementos que subliñan o seu interese cultural, como é a historia das súas confrarías e o valor das súas imaxes.

A Festa da Romaxe dás Cruces celébrase para conmemorar a vitoria dos veciños das parroquias de Ribadeo e Trabada ante o exército de Napoleón durante a Guerra de Independencia. Ten lugar o luns de Pentecostés, nunha celebración en honra da Virxe das Virtudes, que conta coa asistencia do sete cruces que a dan o seu nome (Arante, Ove, Cedofeita, Cubelas, Vidal, Vilaboa e Sante).

A Festa do Poldro de Muras celébrase desde hai máis de 30 anos. Esta cita naceu por un grupo de veciños para a exaltación e comercialización do poldro e a súa carne, un produto autóctono, criado en liberdade e cunha alimentación natural.

Pola súa banda, Vigo acolle desde hai máis de 350 anos a que está considerada como unha das festas máis populares de Galicia, o San Brais de Bembrive. Cada 3 de febreiro xunta aos devotos do santo con música e gastronomía.

Feira do Poldro de Muras, declarada de interese turístico / un paseo, una foto Feira do Poldro de Muras, declarada de interese turístico / un paseo, una foto
Feira do Poldro de Muras, declarada de interese turístico / un paseo, una foto Feira do Poldro de Muras, declarada de interese turístico / un paseo, una foto

AXUDAS

A Xunta duplicou este ano as axudas para as festas ata un total de 600.000 euros. O límite por evento tamén se dobra e é de 6.000 euros. irán destinadas ao apoio, promoción e difusión dos eventos, así como ao impulso da campaña 'Agresión off, eu digo non á violencia sexual', de información e sensibilización contra as agresións machistas nos festexos.

Ademais, Cultura e Turismo conta cun convenio coa entidade financeira Abanca, polo que cada celebración pode acceder a unha axuda adicional de 1.500 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta