Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 19:45
O conselleiro de Medio Rural, José González, presidiu este mércores a constitución e a primeira reunión da Mesa da Limia, na que participaron representantes do sector agrogandeiro da comarca, produtores de patacas, ecoloxistas, regadoras, asociacións profesionais agrarias e responsables da Xunta e doutras administracións.
O titular de Medio Rural destacou, segundo informa a consellería nunha nota de prensa, a importancia que terán a futura lei de recuperación e posta en valor das terras agrarias de Galicia e o reforzo da calidade agroalimentaria.
Acudiu a Xinzo para escoitar as demandas e preocupacións dos axentes económicos e sociais da comarca e sinalou, segundo o comunicado, que o principal obxectivo da Xunta é "apoiar o mantemento dunha actividade agrogandeira rendible e sustentable nesta comarca e, por extensión, en toda Galicia".
González afirmou que as políticas da consellería "camiñan na liña de recuperar e pór en valor as terras agrarias, para o que se está elaborando unha lei específica, así como na potenciación da calidade das producións do agro, como referencia fundamental do medio rural".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.