Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 11:04
Galicia rexistrou a creación de 381 empresas no mes de marzo, o que supón unha baixada do 7% respecto ao mesmo mes de 2018, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Esta caída contrasta coa subida da media española (+1,9%). De feito, a cuarta diminución máis acusada entre comunidades, que encabeza Asturias (-23,3%). No outro extremo, o maior incremento prodúcese na Rioxa (+112%).
As 381 compañías constituídas en Galicia durante o mes de marzo, todas foron sociedades limitadas, supuxeron un desembolso de 14,35 millóns de euros.
Pola súa banda, no terceiro mes disolvéronse 102 empresas en Galicia, o que se traduce unha rebaixa do 9,7% interanual. Aquí, vai ao contraxeito da tendencia estatal, na que hai un aumento do 5,5%. Houbo 82 disolucións de forma voluntaria, catro por fusión e o resto doutro tipo.
Ademais, un total de 118 compañías (tres delas SA e o resto SL) ampliaron capital en Galicia por 82,7 millóns de euros. En cambio, 25 empresas reduciron capital por 6,3 millóns. Tamén unha desembolsou dividendos por 75.000 euros.
DATOS ESTATAIS
O número de novas sociedades mercantís en España subiu un 1,9% o pasado mes de marzo respecto ao mesmo mes de 2018, ata sumar 9.439 empresas, á vez que as disolucións empresariais incrementáronse un 5,5%, ata totalizar 1.853, segundo os datos difundidos este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.