A cereixa sempre foi unha das grandes froitas de temporada de Galicia e o medio de sustento dalgunhas comarcas concretas. A XVII Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil reunirá a 20 stands de produtos autóctonos do Concello de Ribas de Sil. Tamén porá á venda máis de 2.000 quilos de cereixas.