Por Óscar Lomba | Vigo | 15/02/2012
Isto dáse especialmente no caso da subcontratación de empresas especializadas. Para iso, poden contratar só ao persoal, caso no que os recursos achégaos o cliente (instalacións, material, ordenadores...) ou contratar tanto o persoal como os recursos. Por exemplo, un Concello pode subcontratar a un bufete de avogados dedicado a litixios laborais.
Considero que o outsorcing debe ser observado como un proceso moito máis confuso e comprometido do que parece, e se non é utilizado de xeito apropiado pode xerar infinidade de problemas. Opino, en primeiro lugar, que podendo ser necesario, nalgunhas ocasións, subcontratar unha tarefa, xamais se debería confiar a terceiros a estratexia, nin tampouco o control. Unha administración pública, por exemplo, sempre debe ter en conta que a responsabilidade nunca se debería delegar, e que debe ser a decisión dos cargos públicos (e os seus asesores) a que resolva que tarefas ou procesos delegar, como deben ser realizados, e como se vai a supervisar o seu cumprimento. É dicir que a función estratéxica e a de control nunca deben ser delegadas. Logo, penso que é fundamental definir coa maior precisión posible (primeiro en forma interna e logo no contrato), que tarefas ou áreas vanse externalizar ou tercerizar. Neste aspecto deben intervir especialmente quen coñecen en profundidade o tema, para poder contemplar no contrato posibles aspectos problemáticos, que poden xerar unha serie de custos “ocultos” ou facturas “esaxeradas”. Nesta última eventualidade -sobre todo cando a decisión de contratación baséase en criterios de “amiguismo” ou “afiliación partidaria”- pode ocorrer que se produza un desvío de diñeiro público cara o financiamento de empresas privadas.
E refírome a estas cuestións porque o Concello de Vigo procedeu á contratación dun avogado alleo ao seu cadro de persoal e que cobrou máis de 274.000 euros nos últimos catro anos por afrontar un centenar de litixios laborais contra o Concello. Considero que a contratación dese letrado –que tamén é militante do PSOE– para facer fronte a asuntos laborais, ademais de ser inoportuna en tempos de crise resultou excesivamente gravosa.
Terminaría preguntándolle ao responsable desa contratación: ¿Como se pode respaldar esa externalización dun servizo xurídico sabendo que o concello dispón dun nutrido cadro de letrados? ¿Como se poden xustificar as desmedidas cantidades cobradas por ese avogado? ¿Por que acordou o concello de Vigo a elección dese letrado e non outro? ¿Que criterios se seguiron para elixilo? Non hai nin haberá respostas...