Caballero sobre a crise do PSOE de Lugo: "Estamos moi ben e non imos desviarnos"

O líder dos socialistas galegos asegura en relación a división do PSOE en Lugo sobre o candidato á presidencia da deputación que "cada vez que se toman decisións de avance, pois hai focos mediaticos".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/06/2019 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, tentou esquivar a grave crise aberta no seu partido en Lugo a conta da elección do candidato socialista a presidir a Deputación de Lugo. "Estamos moi ben e non imos desviarnos", dixo preguntado sobre os graves problemas da agrupación provincial.

Gonzalo Caballero asegura que Feijóo foi 'cómplice' do 'xiro cara á ultradereita' do Partido Popular
Gonzalo Caballero asegura que Feijóo foi 'cómplice' do 'xiro cara á ultradereita' do Partido Popular

Unhas declaracións que facía en Santiago xusto ao mesmo tempo que en Lugo o xa ex secretario provincial socialista, Álvaro Santos, anunciaba a súa dimisión. De feito, Caballero asociaba esta crise coa que tivo lugar en Ourense, coa marcha de Pachi Vázquez. "Houbo ex secretarios xerais deste partido que marcharon do PSOE e montaron outros partidos", ironizaba en relación aos malos resultados colleitados.

"Cada vez que hai que tomar decisión de avance pois hai focos mediaticos", dixo en alusión a posibilidade de que a dirección socialista acabe apoiando a José Tomé, rexedor de Monforte, e non a Darío Campos, aínda presidente provincial en funcións. "O que ten que facer o PSOE é marcar posicións claras contra Feijóo.

Neste sentido, Caballero insistiu en que o seu partido, tanto en Galicia, como en Madrid, "adoptará as mellores decisións posibles". De feito, o nome do futuro presidente da Deputación de Lugo sairá da Comisión Federal de Listas, tras unha proposta que se enviará tamén desde a dirección galega. Neste caso, e tras a modificación dos estatutos do PSOE, a última palabra non é a dos militantes ou da dirección provincial, senón da federal.

En todo caso, o propio Caballero lembraba que el saíu elixido secretario xeral co apoio das bases, pero dentro dun proceso reglado do seu partido. Por iso, insistiu en que a decisión será da Comisión Federal de listas porque "fai ben o seu traballo".

O líder dos socialistas galegos tentou restar importancia a esta crise, ou á posibilidade de que xere unha división dentro do partido en Lugo, e destacou que "o importante é que o PSOE está en crecemento" e que é xa é a alternativa a Feijóo. Un Feijóo ao que criticou duramente polo pacto en Ourense entre Baltar e Gonzalo Jácome.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta