Unha eclipse lunar parcial será visible desde Galicia este martes

O fenómeno comezará arredor das 22,00 horas, e alongarase ata a 1,00 da madrugada do día 17.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2019 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

Unha eclipse parcial de lúa o día 16 de xullo será o "principal fenómeno astronómico" visible desde Galicia. O director do Observatorio Atronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Ángel Docobo, explicou que coincidirá coa saída da lúa, ao redor das 22,00 horas, e alongarase ata a 1,00 da madrugada do día 17.

Así mesmo, outro fenómeno destacable do verán, as Perseidas, coincidirán coa festividade de San Lourenzo --10 de agosto--, a pesar de que as condicións para velas "non serán moi favorables", asegurou Docobo, por estar a lúa preto da fase chea.

O Observatorio da USC desvelou que os planetas Júpiter e Saturno serán visibles todas as noites no ceo nocturno. Venus, con todo, será visible ao amencer ata mediados de agosto para, despois, pasar a verse pasado o atardecer. Mentres, Mercurio realizará aparicións alternas entre os amenceres de xullo e agosto e os anoiteceres de setembro.

Por último, Marte, o planeta máis próximo á Terra, poderá verse a primeiras horas da noite en xuño e xullo. Despois, en agosto e setembro, aparecerá á primeira hora da mañá.

Eclipse lunar
Eclipse lunar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta