Artigos de Manuel H. Iglesias

O problema é a situación da provincia

Nestes días nos que Baltar pai está en horas baixas e que saen á luz cuestións que eran vox populi, parece que as demais forzas políticas e a xente en xeral se resarce con falar del, e esquecen que o problema que temos máis importante e o estado no que deixou a provincia. Baltar, foi o gobernante que non tiña un plan de futuro para saír do atraso no que está Ourense, e agora co varón fora da vida política, todas as forzas que están representadas no Pazo Provincial, seguen sen propoñer un plan para frear a despoboación, o envellecemento, e a falla de industialización desta subsidiada terra do interior galego.

Renovarse ou morrer

Con moita frecuencia escóitase nas conversas de que hai que camiñar cos tempos; tamén de que é necesario ver e atender os problemas do momento no que nos tocou vivir pois, camiñar de costas á realidade social e política, e tanto como anclarse nos recordos e nas ensoñacións que impiden que vexamos os perigos que nos atinxen e as súas consecuencias que deles se derivan. As sociedades están formadas por persoas. Por iso son entes vivos e dinámicos que se moven e que evolucionan en función de moitos parámetros e cuestións. Son entes tan complexos que invalidan a quen vive permanentemente do recordo; do que noutro momento fixo e aspira a manterse nun posto sin facer ren. Dito doutra maneira: no momento actual hai que renovarse ou apartarse para que outros sigan co cometido.

A quen corresponda

De nenos case sempre lle escribíamos unha carta aos reis magos ou lles manifestábamos verbalmente aos pais, o que se lles pedía. Faciámolo sempre con suma ledicia e coa intención de que se cumpriran aqueles nosos desexos. Os pais, realizando un grande esforzo, trataban, na medida do posible, de satisfacer aquelas peticións e o día de reis xogábamos todos felices ensinando os agasallos. Ben, iso acontecía hai cincuenta e tantos anos, e supoño que agora pasará algo semellante, coa salvidade de que tamén se agasalla aos pequenos polo Noel que seica en un home que veu das neves do norte de Europa.

Guitarra clásica galega

Como está a piques de rematar un ano sumamente malo, no que se refire aos recortes, dereitos laborais e sociais, ao paro, e un sen fin de cousas máis, quero falar, nas vésperas do Nadal, dunha nova distendida e amable que, para os que amamos e vivimos a música, resulta atractiva, agradable e positiva.

Feijóo: suma e sigue

Feijoo sucedeuse a si mesmo nun acto gris no que, a comparanza de Fraga, diante a vicepresidenta Soraya, soamente soou unha gaita chorona e lastimeira. Pasou o proceso electoral e chegaron de novo os ritos da investidura e posteriormente a toma de posesión, onde Feijoo, volveu a dicir que, diante outras comunidades estamos ben e que avoga pola unidade de España. Claro, falou así, como se en Galicia a unidade das Españas estivera en entredito, cousa que non é máis ca unha falacia, ou tal vez unha mensaxe indirecta na que pretenda postularse como o sucesor de Mariano Rajoy cando chegue a portunidade, cuestión que aconteceu con moitos políticos conservadores galegos.

Prepotencia contra o idioma

A semana pasada deixounos unha importante novidade relacionada co ensino da nosa fala: a sentencia do tribunal superior de Galicia na que desmonta a base do decreto contra o galego aprobado polo goberno de Feijoo. Importante sentencia que, pon ao descuberto que, quen goberna a Xunta, actuou, e pensa seguilo facendo, verbas do conselleiro do ramo, dunha maneira fraudulenta, partidaria e prepotente.

A diversión sen límites

Non pretendo culpar nin censurar a maneira de divertirse dunha parte importante da xuventude actual. Persoalmente non a comparto. E darei dous argumentos para elo.

Despexando o camiño

Despois dos resultados electorais do 21 de outubro, onde a oposición ao PP saíu, salvando Anova, moi mal parada, chegou o momento das reflexións e posteriormente das determinacións. E no mundo nacionalista empezan a aparecer as primeiras determinacións. Guillerme Vázquez anuncia que deixará o cargo portavoz na súa organización e Compromiso por Galica anuncia, como forza política, o congreso fundacional para o 16 de decembro.