Nin que dicir que descoñezo como se rearmará e organizará o nacionalismo galego. Igualmente descoñezo si será capaz de chegar a acordos con Anova, aínda que dependerá do interese que teña en asumir si está disposto a modificar a liña política e ideolóxica ou opta pola resistencia permanente, o que lle augurará, baixo o meu punto de vista, pouco futuro.
Son dos que penso que, neste campo da política, somente caben dúas forzas. E dende iste punto de vista tendo moi claros os obxectivos e cara onde se quere camiñar, o grupo de Compromiso por Galicia vai a dar un paso máis dando a coñecer a súa marca e, polo tanto, organizándose como un partido que, escoitando á xente e asumindo a realidade sociopolítica desta terra, tentará ofertarlle a grande maioria dos galegos unha opción enmarcada no galeguismo político, no progresismo e no nacionalismo pracmático que ten o seu límite na socialdemocracia.
Esta será a oferta que se medirá na convocatoria das elección municipais dentro de dous anos onde se visualizará o alcance e a súa aceptación social.
A nosa terra necesita rachar co corsé ideolóxico e sumamente pernicioso que oferta o nacionalismo actual e que vai dirixido so a unha parte da sociedade, excluíndo a máis do cincueta por cen dos galegos que non ven nesa oferta algo que lles interese e ilusione. Pois, ate agora, o nacionalismo galego sempre estivo vinculado a ideoloxías que viñan de lugares foráneos que hoxe teñen a súa expresión en países marxinais na orbe.
Esta terra tan castigada pola crise actual, na que a emigración volve a levar á xente máis preparada alén das nosas fronteiras; estra terra onde o paro medra constantemente, necesita, máis ca unha oposición de resitencia, propostas e políticas alternativas ás actuais que, defendendo os servizos públicos universais como a sanidade e a educación e mantendo un forte compromiso coa defensa do noso tecido empresarial, o noso agro e demais sectores produtivos podan levar a esta terra á senda do crecemento.
E iso soamente se pode acadar dende forzas políticas autónomas que teñan como base e centro de acción na nosa terra. E aínda que pareza algo desmesurado neste mundo globalizado no económico, e moi desigual no social, ou defendemos aqueles proxectos que lle dan vidas económica a está terra, ou nunca levantaremos cabeza e seremos dependentes dos demais en case todo.
Un empresario local dicíame hai uns días: ou defendemos as nosas empresas para que estas non se deslocalicen, ou seremos un país totalmente subsidiado e desenvolvido. Pois, actualmente, a administración está tomando como referencia para o seu apoio ás grandes marcas que fabrican fora de Galicia e eiquí soio lle poñen a etiqueta as prendas que logo nos queren vender. Este exemplo que amosa unha realidade implica asumir un problema que se repite diariamente. E ao que non se lle pon remedio dende as nosas instirucións políticas de Santiago e menos dende Madrid.
Galicia endexamais terá solución e levantará a cabeza namentres non valore e apoie claramente aos emprendedores que operan e teñen o centro de desenvolvemnto na súa terra.
En fin, despois das eleccións ven a análise e a toma de decisións. E no eido nacionalista empezou a moverse o taboleiro. Esperemos que destas decisións saia un proxecto político positivo e atractivo para nosa sociedade que é o que se precisa con suma urxencia.