Artigos de Mariña Pérez

Mirando os muros da patria súa

Visita cultural polo val do Jerte, poucas cerdeiras en flor nos anticipan a primavera. Desde o alto de El Torno (Cáceres), o grupo escoita as explicacións do guía local en perfecto castúo.

Tirando da manta

A traizón é unha arte que se aprende practicando. Unha testemuña diferénciase dun delator en que o segundo tira algún proveito da situación.

Falsos heroes e a cuarta parede

A CUARTA PAREDE Abre cun plano xeral impresionante: o público vai sentando no auditorio e agarda que comece unha exquisita interpretación musical. Quedan todos contemplados desde o punto de vista dun escenario voyeur mentres se acomodan e se van despoxando da roupa innecesaria; asemade, mudan os seus rostros para adecualos á sensibilidade artística. A luz devala por eles ata facelos tan invisibles coma carnais. Polo demais, a min seméllame a mellor escena da última película de Haneke.

Sorrir como Daniel

Saberán que existe o Día Internacional do Fracaso ( International Day for Failure) e que se celebra cada 13 de outubro en moitos países do mundo. A finalidade é ser quen de rir dos fracasos persoais. Será porque entre un clamoroso fracaso ou un estrepitoso éxito non hai tanta distancia. Ou porque o éxito e o fracaso estreman. Eu propoño chamarlle por aquí o Día Local da Chafullada, creo que teriamos moito de que rir. Sen complexos. Sen humillacións tampouco. Simplemente porque ás veces vivimos rodeados dun éxito cutre e melindroso que se nos vende co maior dos afagos. Triúnfa o efémero, o mercantilismo, o famoseo en todas as súas ramificacións. Cada vez tendemos máis ao eloxio fácil, ás homenaxes mexeriqueiras. Eu diría que estamos enfermos de “premiíte”: dime cantos galardóns tes e direiche en que consideración te teño. Tampouco semella grave, é unha inflamación coma outra calquera. Xa vimos de todo no apartado de méritos. Houbo quen presumiu na súa biografía de ser Presidente da comunidade de propietarios do seu bloque de veciños.

Plásticos

En certa ocasión, preguntáronlle ao astronauta Pedro Duque cal era a construción humana que máis destacaba nunha vista espacial. Non contestou a sinuosa muralla chinesa, non, nin a illa de Manhattan cos seus rañaceos de vidro canceríxeno, nin as pirámides faraónicas á beira do Nilo. Segundo el hai un espazo humano no mapa de España que destaca polo seu brillo: son os plásticos de Almería, a zona de El Ejido e os seus invernadoiros.

O falso nove en linguaxe tabernaria

Voulles contar un ruxerruxe, deses que se oen polas tabernas e as tascas, eses lugares que nos fan falar en linguaxe de taninos.

Ardeu outro alpendre

Vaia por diante que a unha gústalle ver a televisión autonómica e sabe que hai grandes profesionais. É só que os tópicos cansan. Vendo o noso telexornal tes a impresión de ir andando polo Ikea. Sabes o que vai vir e non o podes evitar. Comezan cun primeiro cuarto de hora destinado á publicidade institucional, xa me comprenden: inauguracións, conclaves, cifras a favor. A seguir vén un minuto no que se despachan as críticas da oposición con cortes bastante mal editados, ás veces chafulleiros. Tachán! Cambian de bloque temático e adoita ir unha nova sobre algún camión envorcado nalgunha estrada comarcán, con datos tan imprescindibles como a marca das rodeiras, o tipo de carga, a taxa de alcoholemia na urina do condutor, o testemuño oral da veciña da zona- verdadeiro documento sociolóxico- que viña de recoller verdura e viu todo o que aconteceu. Adoita rematar cunha cifra estatística, e unha frase que leva camiño de ter carácter bíblico: “no que vai de ano, corenta camións envorcaron nas estradas secundarias galegas”. Non cren que é máis información da que precisabamos??

Simbolizando

Un símbolo, desde a súa presenza minúscula, debería representar a grandeza de espírito dun pobo, pero como xa entramos de cheo no século dos complexos á vista (e a súa loxística de eufemismos variados) aféctanlle unha serie de prexuízos:
Mariña Pérez Rei Mariña Pérez Rei é unha escritora amiense afincada na cidade de Santiago de Compostela. Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-portuguesa, actualmente exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario. Entre a súa obra publicada destaca a poesía e a novela curta. Tamén colabora en xornais e revistas con artigos de opinión. No ano 2005 acada o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón polo libro Fanerógama e comeza a publicar. No 2006 obtén o Premio Manuel Lueiro Rei de novela por Canícula, editorial Sotelo Blanco. No 2009 publica o libro de poesía en edición limitada e artesanal: Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante, na editorial Bourel. Un ano despois publica o libro de poesía Paquidermo na editorial Bubela co que ingresa na corrente filosófico- poética do sentimental-ISMO, e nese mesmo ano obtén o premio de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos coa narración Costa necrópole. Escenarios para deslembrar, publicada na editorial Toxosoutos. No 2011 participa nas antoloxías de poesía sentimental-istas da editorial Bubela e colabora co grupo musical Loaira.