Artigos de X.A. Pérez-Lema

Aínda hai xuíces en Berlín

O maxistrado Llarena activou a euroorde de detención contra Puigdemont e os membros exiliados do seu Govern. Xa que logo, a policía alemá executou o seu arresto que un xuiz haberá de ratificar ou deixar sen efecto.

O silencio dos progres españois

Os progres españois sempre andiveron pola vida ocupados e preocupados (con toda xustiza) pola liberdade dos pobos de Palestina, Sahara e Chiapas, mais, por desgraza, nada ocupados nin preocupados pola subordinación das linguas, culturas e nacións catalás, vascas e galegas a un Estado español construído por determinadas elites extractivas, refractarias á libre concorrencia e ao progreso. Un Estado español tendente historicamente ao supremacismo e ao autoritarismo e que só coñeceu periodos liberais e democráticos cando tentou darlle algunha caste de canle ao dereito de autogoberno das nacionalidades.

Menos estado de dereito

Semella que o núcleo duro do establishment español (que integra, dende logo, aos maxistrados dos Tribunais Supremo e Constitucional e ás directivas dos partidos do tripartito do 155) acredita que para defender a unidade de España cómpre limitar, reducir ou mesmo desmontar o Estado de Dereito.

Audiovisual, lingua, muller e país

O audiovisual galego é, certamente,unha industria. Mais unha industria cultural. É dicir, xurde dunha identidade propia, a de sermos galegos. Como dixo a xornalista da TVG Nieves Rodríguez (Mestre Mateo á mellor comunicadora de TV 2018) “se existe un audiovisual galego é grazas ao galego”.

Falemos de cartos

Dicía Suso de Toro xa no 2003 que ”a política española é un xogo de caloteiros con cartas marcadas e ases na manga''. Unha realidade multiplicada no 2018 cando o tripartito do 155 loita por unha brutal recentralización que abeira tamén a plena centralización financeira e económica en Madrid, arredor das elites financeiras, da distribución eléctrica e das actividades concesionais e construtoras que compoñen o chamado “capitalismo castizo do BOE”.

A inutilidade da esquerda española

Arrepía a degradación sofrida polo Estado de dereito nos últimos cinco meses, nomeadamente (malia que non só) por mór da cuestión catalá.

Desleixo pola Xustiza

Como suporán, o colectivo dos empregados públicos que atende as funcións de xestión, tramitación, auxilio e medicina forense da Administración de Xustiza en Galicia é abondo amplo e plural, ideolóxica e vitalmente. Pois ben, o 75,5% deste colectivo participou nun referéndum para decidir sobre a proposta dos sete sindicatos con representación: folga indefinida dende o vindeiro mércores.

Un tribunal de parte

Puigdemont foi elixido deputado o 21-D e, xa que logo, pode legalmente ser candidato a presidir a Generalitat. O presidente do Parlament nomeouno atendendo a que os tres grupos soberanistas xuntan a maioría absoluta ( 70 sobre 135 deputados) e manifestaron a súa disposición para elixilo.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.